Escoitar

Vigo encabeza a lista de cidades con maior nivel de inglés segundo o EF EPI 2022

Abel Caballero celebrou esta mañá o nomeamento de Vigo como a cidade con maíor nivel de inglés de toda España, tal e como se desprende do estudio elaborado por EF EPI 2022. A este respecto, puxo en valor o programa de inmersión lingüística Vigo en inglés que xa beneficiou a máis de 10.000 estudantes.

mércores, 16 nov 2022
Imaxe de arquivo dunha despedida a un grupo de estudantes dentro do programa Vigo en inglés
Imaxe de arquivo dunha despedida a un grupo de estudantes dentro do programa Vigo en inglés

Vigo lidera o ranking de cidades españolas con maior nivel de inglés segundo os datos extraídos do EF EPI 2022, el estudio elaborado cada año EF Education First. O alcalde celebrou esta designación que servirá como “estímulo” para seguir co programa municipal Vigo en inglés que xa permitiu a máis de 10.000 estudantes viaxar a Inglaterra becados polo Concello. So este verán, foron case 2.500 estudantes os que gozaron deste iniciativa de inmersión lingüística que o ano que vén volverá a permitir viaxar ao alumnado de 4 da ESO, co único requisito de ter un mínimo de 7 en inglés.

Descargar todas as imaxes