martes, 13 ago 2019
Abel Caballero recibiu este martes ás organizadoras do 89º Congreso Internacional de Médicos de Atención Primaria que se celebrará en Vigo o vindeiro 17 de outubro. O alcalde coñeceu os detalles do evento nunha xuntanza con Ana Clavería e Susana Aldecoa, responsables do comité organizador, e amosoulles o seu apoio e o do Concello de Vigo de cara á cita.
martes, 13 ago 2019
O Sergas adoptou esta decisión en 2014 e asegurou entón que era temporal, "e a provisionalidade leva cinco anos", denunciou Abel Caballero, quen recordou que a redución da poboación de referencia ten implicacións orzamentarias e de formación. O xefe de servizo de Cirurxía Pediátrica asegurou que Vigo está capacitada para asumila e considerou que a decisión foi "política".
mércores, 7 ago 2019
O proxecto presentado pola Xunta de Galicia para conseguir a licencia municipal é practicamente a metade do inicialmente previsto, tanto en superficie e investimento como en número de consultas, segundo censurou Abel Caballero este mércores.
mércores, 26 xuñ 2019
O Concello vén de recibir unha solicitude por parte da Xunta para prorrogar a licenza de obras do centro de atención primaria de Bouzas porque aínda non entregou o proxecto executivo. Deste xeito, confírmase, como xa denunciara o rexedor, que o Goberno autonómico non ten intención de iniciar esta construción en xuño, tal e como anunciou en período electoral.
martes, 25 xuñ 2019
No marco dun encontro celebrado este martes no Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social en Madrid, o alcalde explicou as accións que desenvolve o Concello en favor da saúde pública e o medio ambiente.
mércores, 19 xuñ 2019
Abel Caballero manifestouse este mércores sobre o paro convocado polo persoal sanitario de Atención Primaria para hoxe, en demanda de máis medios, máis tempo para atender aos pacientes e un aumento do 25% no investimento en Atención Primaria. "Quero darlle todo o apoio do goberno de Vigo, todo o apoio da cidade, porque compartimos os seus obxectivos", afirmou o alcalde.
xoves, 23 mai 2019
Caballero agradécelles o seu esforzo diario e dedicación e encomia a capacidade investigadora dos profesionais.
xoves, 16 mai 2019
Dezaseis profesionais de toda España, seleccionados entre máis de 200 participantes, compiten estes días para converterse no mellor barista do país.
luns, 6 mai 2019
O alcalde achegouse este luns ata o céntrico colexio, onde estudantes de 3º de ESO promoven unha acción solidaria e de concienciación para animar á cidadanía a doar sangue. Organizado xunto a ADOS -a Asociación de Doazón de Órganos e Sangue-, o camión está emprazado este luns na rúa Venezuela.
venres, 3 mai 2019
A rúa do Príncipe acolleu este venres unha iniciativa do Colexio San Miguel de Vigo para facer un chamamento á necesidade de coidar a hixiene das mans e evitar así o contaxio de enfermidades. O alcalde, Abel Caballero, participou no acto no que os escolares levaron a cabo unha "flash-mob" diante do museo MARCO con motivo do Día mundial do Lavado de Mans.