Escoitar

Abel Caballero e Carolina Darias subliñan o papel local en prevención e vida saudable

O alcalde de Vigo e a ministra de Sanidade participaron na presentación do Convenio entre a Rede Española de Cidades Saudables da FEMP e o Ministerio de Sanidade O Presidente da FEMP subliñou que a pandemia veu situar á saúde no “núcleo da acción de goberno” Para a Ministra de Sanidade, o convenio marca o punto de inflexión para que as cidades ofrezan mellor calidade de vida, “vivir máis e vivir mellor”

xoves, 10 xuñ 2021
Abel Caballero e a ministra de Sanidade na presentación cos alcalde de Rivas-Vaciamadrid, Villanueva de la Cañada e Burgos
Abel Caballero e a ministra de Sanidade na presentación cos alcalde de Rivas-Vaciamadrid, Villanueva de la Cañada e Burgos

Na súa intervención, Abel Caballero e a ministra de Sanidade destacaron o papel dos gobernos locais no impulso de hábitos de vida saudables e na prevención de enfermidades. Así, o Convenio de colaboración que a Rede Española de Cidades Saudables (RECS), da FEMP, subscribe co ministerio sela o compromiso dos municipios no ámbito da saúde xa que é un instrumento para desenvolver políticas públicas de prevención.

Caballero e Darias subliñaron o papel desempeñado polos municipios durante a pandemia e, neste sentido, o rexedor vigués destacou que precisamente foi a pandemia a que fixo que “valorasemos de forma infinita” o concepto de “cidades saudables”. “Aínda que xa o faciamos antes -explicou- eses meses fixéronnos entender un novo paradigma da acción dos municipios”, unha acción que é “verde, dixital e feminista”.

O presidente da FEMP explicou que moitas cidades xa viñan actuando nesa liña pero a pandemia, nese “ learning by doing” que impuxo a todos con situacións novas e descoñecidas que afrontar, fixo que os gobernos locais acometeran un “traballo inestimable” tamén no ámbito sanitario e parasanitario, en seguridade das rúas ou en limpeza. “Fixemos unha política total durante a pandemia” e agora, insistiu “é o momento de consolidar ese cambio e ese novo paradigma. E queremos consolidalo accedendo directamente aos fondos europeos, coa colaboración e interlocución directa co Goberno e tamén coas Comunidades Autónoma”.

Carolina Darias valorou de forma moi positiva a colaboración coa FEMP e salientou que “as cidades son o espazo da transformación e a convivencia” e, neste sentido, o convenio, é “o compromiso para traballar de xeito conxunto coa principal rede administrativa deste país en materia de saúde, un punto de inflexión para ter maior calidade de vida, vivir máis e vivir mellor, neses espazos de convivencia, promovendo mostra saúde e previndo a enfermidade”. E “empezaremos -engadiu Carolina Darias- por ir ver eses proxectos que teñen as entidades locais”.

No acto tamén interviñeron o presidente de RECS, Daniel de la Rosa, alcalde de Burgos; o vicepresidente, Luís Partida, alcalde de Villanueva de la Cañada; e o alcalde de Rivas Vaciamadrid, Pedro del Cura, que abordaron o papel das Cidades Saudables na reconstrución.

 

 

Abel Caballero e a ministra de Sanidade na presentación cos alcalde de Rivas-Vaciamadrid, Villanueva de la Cañada e Burgos
O presidente da Femp durante a presentación
Descargar todas as imaxes