mércores, 6 abr 2022
Unha sentenza xudicial vén de anular as multas por valor de 24.200 euros que a Xunta impuxo ao Concello pola suposta mala calidade da auga durante a seca de 2017. A resolución, que é firme, determina que a administración autonómica omitiu o preceptivo trámite de audiencia e a condena en costas.
xoves, 17 mar 2022
Coa adhesión ás Fast-Track Cities, o alcalde de Vigo subliñou a importancia de chegar ao 2030 cos obxectivos 95-95-95: 95% de persoas con VIH diagnosticadas; 95% en tratamento; 95% indetectables. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, fixou no ano 2030 a data para erradicar esta doenza como problema de saúde pública. No acto estiveron presentes as asociacións, entidades sociais e colectivos comprometidos co fin da enfermidade e o estigma.
mércores, 23 feb 2022
A moción socialista recolle a escaseza de prazas na cidade onde a Xunta non constrúe unha residencia pública desde hai máis de 12 anos. Foi aprobada na sesión plenaria deste mércores cos votos favorables do Grupo mixto e do concelleiro non adscrito e co voto en contra do PP.
mércores, 26 xan 2022
O pleno aprobou este mércores dúas mocións relacionadas coa atención sanitaria nos centros de saúde da área sanitaria viguesa: unha do grupo socialista e outra do concelleiro non adscrito, que saíron adiante co voto en contra do PP.
martes, 11 xan 2022
A área sanitaria de Vigo dispón de 2 puntos fixos de libre acceso cidadán para realizar os tests de antíxenos que son “importantes” cando por poboación “corresponderían catro ou cinco”.
luns, 10 xan 2022
Abel Caballero censurou este luns o peche decretado pola Xunta de Galicia de 14 centros de saúde da área de Vigo para os casos casos que non sexan Covid ou Urxencias e critica que “nos están deixando sen médicos para atendernos”.
mércores, 24 nov 2021
A Corporación esixe ao goberno autonómico que cumpra o seu compromiso, adquirido no ano 2018, de dotar ao centro hospitalario desta unidade na Área Sanitaria de Vigo fixando o espazo concreto e os profesionais que a atendan.
venres, 22 out 2021
Nun encontro con representantes do sector, Caballero trasladoulles que o Concello aplicará “na súa totalidade” as normativa sanitaria establecida pola Xunta co desexo de que “se relaxe a situación e se recuperen aforos e horarios. Cremos que ten que actuarse con criterio de relaxación das normas e baixaremos as restricións todo o que a Xunta nos permita”. Con todo, apelou á prudencia da cidadanía viguesa que o “está facendo moi ben”.
martes, 19 out 2021
No Día Mundial contra o Cancro de Mama, o alcalde trasladou o apoio da cidade “a tódalas mulleres que sofren cancro de mama e a tódalas familias” das mulleres que están pasando por esta situación.
xoves, 19 ago 2021
“Quero reiterar a miña protesta total pola forma na que a Xunta está a tratar a Atención Primaria da cidade; está practicamente inoperativa”, asegurou este xoves Abel Caballero, quen insistiu ademais en reclamar a vacinación contra o Covid en máis municipios, como fan en Murcia ou nos concellos portugueses da beira do Miño.