xoves, 26 mar 2020
Abel Caballero lembrou este xoves o ofrecemento de Contenur, que xa está fabricando colectores específicos para Fátima e Povisa, á espera de que o Sergas estude a proposta municipal. Namentres, os bombeiros incorpóranse ao dispositivo de desinfección das rúas dedicados especialmente a zonas hospitalarias e sanitarias.
luns, 23 mar 2020
O alcalde deu conta desta medida adicional e anunciou que os bombeiros van incorporarse ás tarefas de desinfección. Amais, o goberno municipal enviará colectores especiais aos hospitais doados pola empresa Contenur.
venres, 28 feb 2020
Abel Caballero anunciou este venres que o Concello aprobou iniciar os trámites para aprobar as ordenanzas de comercios e praias. A Xunta de Goberno Local ten deu o visto e prace á consulta pública para recibir suxestións antes de comezar a redacción dos textos normativos.
martes, 11 feb 2020
O Concello iluminará o próximo sábado 15 de febreiro as fontes de Aragón con motivo do Día Contra o Cancro Infantil. Tal e como explicou o alcalde, a petición chegou á través da Asociación Nico contra o cancro infantil”.
xoves, 31 out 2019
A campaña "Na estrada, cervexa SEN" chegou este xoves a Vigo da man de Cerveceros de España co obxectivo de fomentar o consumo de bebidas non alcohólicas entre os condutores. O alcalde destacou a importancia dun consumo responsable e indicou que o Concello xa levou a cabo importantes medidas de seguridade na cidade para as motocicletas.
xoves, 17 out 2019
O alcalde de Vigo sumouse este xoves aos actos da Asociación Española contra o Cancro en Vigo para visualizar o apoio ás vítimas e as súas familias. O colectivo instalou unha mesa informativa no Farol de Urzaiz e organizou diferentes iniciativas. Ademais, o Concello xa ten instalados dous colectores rosas na Porta do Sol para reciclaxe de vidro.
venres, 13 set 2019
Abel Caballero encomia a "extraordinaria profesionalidade e proximidade" da enfermería. O IV Congreso da Sociedade Galega de Feridas (SGH) acolle hoxe venres e mañá sábado en Vigo a profesionais de toda España para compartir as últimas técnicas e experiencias no tratamento das feridas crónicas.
xoves, 29 ago 2019
Abel Caballero trasladará ao Ministerio de Xustiza o seu apoio ao colectivo xudicial na súa reclamación de implantar en Vigo o sistema de gardas de 24 horas. Logo de manter un encontro con responsables de UXT, o rexedor defendeu este cambio porque redundará en mellor servizo á cidadanía e mellores condicións laborais para os traballadores.
martes, 13 ago 2019
Abel Caballero recibiu este martes ás organizadoras do 89º Congreso Internacional de Médicos de Atención Primaria que se celebrará en Vigo o vindeiro 17 de outubro. O alcalde coñeceu os detalles do evento nunha xuntanza con Ana Clavería e Susana Aldecoa, responsables do comité organizador, e amosoulles o seu apoio e o do Concello de Vigo de cara á cita.
martes, 13 ago 2019
O Sergas adoptou esta decisión en 2014 e asegurou entón que era temporal, "e a provisionalidade leva cinco anos", denunciou Abel Caballero, quen recordou que a redución da poboación de referencia ten implicacións orzamentarias e de formación. O xefe de servizo de Cirurxía Pediátrica asegurou que Vigo está capacitada para asumila e considerou que a decisión foi "política".