O Plan Saúde incorpora a dúas cadelas maltratadas entrenadas para axudar a nenos con problemas

martes, 1 feb 2011

A concelleira de Medioambiente e Sanidade, a socialista Chus Lago, presentou este martes a Guida e Mami, dúas cadelas procedentes da Sociedade Protectora de Animais que se incorporan ao Plan Saúde para axudar ás terapias de nenos con problemas. As cadelas, maltratadas antes de chegar á Protectora, foron educadas cunha formación básica que continuará en Asturias cun programa específico para traballar, dentro de dous meses, cos nenos. Vigo pasa así a ser o primeiro concello con dous cans para terapia na súa unidade sanitaria municipal.

Comeza un programa gratuíto de medicións antropométricas en Asociacións de Veciños para previr cardiopatías

luns, 24 xan 2011

A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou neste luns a posta en marcha dunha iniciativa que nace coa intención de detectar posibles cardiopatías na poboación de maior idade. Polo de agora estase xa a desenvolver na Asociación de Veciños de Coruxo, na que se realizarán 50 medicións antropométricas grazas á unidade móbil do Plan Saúde.

Chus Lago presentou o balance do estudio antropométrico realizado en diversos colexios da cidade

Un 18,9% das nenas e un 11,5% dos nenos da cidade presentan obesidade

martes, 26 out 2010

A concelleira de Sanidade destacou este martes que máis do 80% deste sector da poboación teñen un peso normal. O estudio antropométrico levouse a cabo cunha mostra representativa de 571 nenos e nenas de diferentes centros docentes da cidade, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. Ademais do estudio, a concelleira destacou a alta demanda da poboación viguesa das diferentes ofertas da Unidade Concello Saudable, creada hai agora un ano e que rexistrou un total de 615 asistencias.

A Concellería de Sanidade inicia o Tai Chi e Pilates gratuito na praia de Argazada

luns, 7 xuñ 2010

O departamento que dirixe Chus Lago da comezo este luns ás actividades enmarcadas no Plan Saúde para este verán. Todos os interesados poderán participar de xeito gratuito deste programa que se impartirá no espazo reservado xunto á praia de Argazada, practicando Tai Chi os luns, mércores e venres, e Pilates os martes e xoves. As sesións impartiranse de 20 a 21 horas durante os meses de xuño, xullo e agosto.

A actividade está organizada pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo

Aberto o prazo para inscribirse na primeira edición do "Camiño de Santiago"

luns, 15 mar 2010

A partir do 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para a primeira edición do Camiño de Santiago que organiza a Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo. Todas as persoas interesadas poderán tramitar a preinscrición chamando ao servizo de atención telefónica do Concello de Vigo (010) entre luns 15 de marzo e o venres 26 de marzo.

114 persoas rexistraronse no primeiro mes de funcionamento da Unidade Concello Saudable

martes, 1 dec 2009

A Concellería de Sanidade fai un balance moi positivo das catro primeiras semanas de funcionamento da oficina da Unidade Concello Saudable, aberta ao público dende o pasado 2 de novembro. Nestas primeiras catro semanas de funcionamento, leváronse a cabo un total de 114 visitas, das que o 84,21% corresponden a mulleres e o restante 15,79% aos homes, o que reflexa unha clara diferencia entre a preocupación por mellorar a saúde do xénero femenino sobre o masculino.

114 personas se registraron en el primer mes de funcionamiento de la Unidad Ayuntamiento Saludable

martes, 1 dec 2009

La Concejalía de Sanidad hace un balance muy positivo de las cuatro primeras semanas de funcionamiento de la oficina de la Unidad Ayuntamiento Saludable, abierta al público desde el pasado 2 de noviembre. En estas primeras cuatro semanas de funcionamiento, se llevaron a cabo un total de 114 visitas, de las que el 84,21% corresponden a mujeres y el restante 15,79% a los hombres, lo que refleja una clara diferencia entre la preocupación por mejorar la salud del género femenino sobre el masculino.

O Concello abre unha oficina da "Unidade Saudable"

luns, 2 nov 2009

A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou hoxe a apertura dunha oficina destinada á Unidade Concello Saudable, dentro do programa Plan Saúde. A oficina ubicada no segundo andar do Concello está atendida por un licenciado en Educación Física e un técnico superior en Dietética e Nutrición que realizarán medicións antropométricas rexistradas nun informe que se entregarán a cada persona que acuda á oficina.