O goberno local denunciará o convenio do hospital "privado" por ser "lesivo" para Vigo
A Plataforma SOS Sanidade Pública, reunida hoxe xoves con Abel Caballero, respaldou a posición municipal de denunciar o convenio asinado polo Concello e a Xunta en 2006 por ser "gravemente lesivo" para os intereses da cidade. O alcalde indicou que este acordo obriga a Vigo a pagar 5 millóns para dar servizos a un hospital "privado" que atenderá a 28 municipios íntegramente e parcialmente ás provincias de Pontevedra e Ourense.
Abel Caballero recordou que este investimento de 5 millóns de euros correspóndelle á Xunta de Galicia asumilo "por lei", pois Vigo "non pode nin vai" pagalo, ademais, por prestar servizo aos 28 concellos da área viguesa e nalgúns casos a toda a provincia de Pontevedra e Ourense: "esta é a razón pola que o ten que pagar todo a Xunta", asegurou.
Por outra banda, a Plataforma planteou ao alcalde que este convenio non pode ser levado adiante porque cambiou o modelo de hospital, sendo o previsto en 2006 un centro sanitario público e o actual un "privado". Este colectivo, co acordo de Caballero, esixe á Xunta de Galicia "transparencia" e que presenten o proxecto executivo do hospital de Beade, do que o Concello tampouco ten información algunha.
O alcalde de Vigo volveu demandar á Xunta de Galicia que constrúa en Vigo un hospital con financiamento e xestión totalmente públicos, con 1.450 camas e áreas de investigación referenciais.
Descargar todas as imaxes