Caballero recibe o apoio do grupo parlamentario socialista na súa oposición á Lei de Área Metropolitana
O alcalde de Vigo recibiu esta mañá a visita do secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, para analizar a lei de Área Metropolitana , nun encontro no que o líder do PSdeG-PSOE trasladou ao rexedor o seu apoio no seu rexeitamento desta norma porque "é unha lei que se fai contra Vigo".
Abel Caballero recibiu esta mañá o apoio do secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, na súa oposición á Lei de Área Metropolitana. Logo dun encontro no que tamén estiveron presentes o voceiro socialista do Parlamento, Abel Losada e o deputado, Manel Gallego, Caballero e o líder do PsdeG- coincidiron en cualificar a norma como "unha lei que se fai contra Vigo que nace condenada ao fracaso", en verbas de Vázquez.
Durante a súa intervención, Caballero agradeceu ao líder socialista o apoio, recordando que o seu "recoñecemento e agrado" porque nun tema importante de cidade "Pachi está de novo co alcalde, tal e como fixo na fusión de caixas de aforros". O rexedor pediulle ao líder galego que manteña a súa posición en defensa da cidade porque "esta non é a lei que quere Vigo", así que a única solución, dixo, pasa por "cambiar a norma". Neste senso, Pachi Vázquez apunto que esta lei require consenso e lembrou que "foi o PP o que mudou a súa posición ao longo da súa tramitación, non os socialistas". Avanzou que o "razoable" é unha lei que simplifique servizos e abarate custes, "non montar outro chiringuito do PP, sen proxecto económico nin social".
Descargar todas as imaxes