Escoitar

Vigo acolle o acto central do Día Mundial do Ril adicado este ano á doación

Unha carpa informativa instalada na rúa Príncipe foi esta mañá o escenario no que se celebrou o acto central en Galicia do Día Mundial do Ril, que este ano está adicado á doación. Durante a presentación da xornada, o rexedor apuntou a a necesidade de sumar as forzas de institucións sanitarias, políticas, económicas e poboación civil "porque algunhas batallas son colectivas, non só de pacientes, médicos ou afectados".

xoves, 8 mar 2012
1331214343ril.jpg
Vigo acolleu esta mañá o acto central en Galicia do Día Mundial do Ril, organizado pola Fundación Renal Íñigo Álavarez de Toledo, e que contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Durante a visita á carpa informativa, instalada na rúa Príncipe, o rexedor quixo trasladar o seu recoñecemento "a todos os que se suman a esta loita desde calquera ámbito" e apuntou a necesidade de sumar as forzas de institucións sanitarias, políticas, económicas e poboación civil "porque algunhas batallas son colectivas, non só de pacientes, médicos ou afectados". Logo de destacar que o combate das enfermidades do ril recibe o 2% do gasto sanitario español, subliñou a importancia de traballar na prevención e tratamento, "e se chega a necesidade, de ser solidarios e doar". Recalcou que Vigo "é unha cidade solidaria e doante, pero aínda temos que ser máis".

A rúa Príncipe, á altura do Círculo Mercantil instalouse esta mañá unha carpa informativa, coa colaboracón do Concello, a Asociación de Doantes e receptores de órganos de Vigo (Adrovi) e o Corpo Nacional de Policía (CNP). O Día Mundial do Ril está este ano adicado á doación renal, baixo o lema: Dona riñones para vivir recibe.




Descargar todas as imaxes