Os arquiveiros galegos felicitan ao goberno local pola xestión do Arquivo Pacheco
O alcalde, Abel Caballero, informou este xoves da recepción dun escrito da asociación de arquiveiros de Galicia apoiando o traballo do goberno local no Arquivo Pacheco e animando a continuar traballando na mesma dirección. O rexedor recordou que, desde o 27 de febreiro, os puntos de consulta foron ampliados e adiantou que en "poucos días" estarán rematadas as bases para contratar o mantemento, conservación preventiva e restauración dos fondos.
Abel Caballero recordou que, desde o pasado 27 de febreiro, os fondos documentais do Arquivo Pacheco poden ser consultados nos catro puntos habilitados na Casa das Artes e noutros dous novos dispostos polo Concello, un na Casa Galega da Cultura e outro no arquivo municipal.
O alcalde apuntou que o goberno local rematará en "poucos días" as bases para a contratación do mantemento, conservación preventiva e restauración das imaxes do arquivo, co que valorou Caballero que "estamos na boa senda" co Pacheco, facilitando as consultas e a investigación e retomando a conservación e a restauración.
Descargar todas as imaxes