Aberto o prazo de inscrición no programa formativo da Casa do Cesteiro
mércores, 11 xan 2006O prazo de inscrición no Programa Formativo en Cestería Tradicional de Galicia da Casa do Cesteiro permanecerá aberto ata o próximo 30 de xaneiro.
O prazo de inscrición no Programa Formativo en Cestería Tradicional de Galicia da Casa do Cesteiro permanecerá aberto ata o próximo 30 de xaneiro.
Continuando coas actividades complementarias que xiran arredor da exposición "Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza", este fin de semana a xente que desexe poderá achegarse a Casa das Artes de Vigo, onde disfrutarán dunha demostración en vivo sobre o oficio das redeiras da man de Consuelo Martínez.
A Casa do Cesteiro ten aberto o prazo de inscrición ata o 30 deste mes para participar no programa formativo de cestería tradicional en Galicia. Os curso de carácter gratuíto comezarán no mes de outubro.
O artesán Javier Fernández Lage, especialista en facer sellas, tamén coñecidas como baldes, fará unha demostración en vivo do seu saber tradicional sobre a madeira , a fin de semana na Casa das Artes. Esta demostración ven formar parte da actividade "un fin se semán cos artesáns" complementaria da exposición Beleza e Utilidade Artesanía Tradicional en Galiza.
Continuando coas actividades de divulgación que se están a levar a cabo con motivo da exposición Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza, o xoves 15 de setembro na planta 1ª da Casa das Artes de Vigo, ás 20:00 h terá lugar unha conferencia sobre a fala dos canteiros que correrá a cargo de Xorxe Rodrigues Gómes.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio Lopez-Chaves , entregou o luns os diplomas do programa formativo en cestería tradicional da Casa do Cesteiro. Os cursos orientáronse á cestería de colmo, cestería de madeira fendida, cestería de vimbio con pel, vimbio pelado e principios básicos da cestería tradicional galega.
A localidade portuguesa de Melgaço celebrará os próximos días 3,4 e 5 de xuño o encontro "Galiza e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro", evento para a promoción da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á Unesco".O Concello de Vigo participa neste evento a través das concellerías de Patrimonio Histórico co centro de Artesanía Tradicional –CAT- e co servizo de Normalización Lingüística.<br />
A artesán Patricia Puga Gómez estará, o sábado día 14, no CAT para facer unha demostración en vivo sobre o oficio do traballo en coiro. Albardas, mulidas, colares serán algún dos obxectos que o público poderá ollar, así como ferramentas tradicionais empregadas por estes artesáns.
A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, por medio da Casa do Cesteiro e Centro de Artesanía Tradicional, vén de convocar oito cursos de verán sobre outras tantas especialidades no oficio da cestería. Estes cursos, abertos a todo tipo de persoas interesadas, teñen unha duración de 45 horas con formación intensiva durante 10 días laborables seguidos, en horarios de mañán e tarde. Os primeiros cursos darán comezo o 20 de xuño e os últimos o 12 de setembro.
O concelleiro delegado de Patrimonio Histórico, Ignacio López-Chaves, e o vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron un convenio para a musealización da vila romana de Toralla, polo cal o Concello achegará 150.837,8 euros.