Conferencia sobre a fala dos canteiros impartida por Xurxo Rodríguez Gómes
Continuando coas actividades de divulgación que se están a levar a cabo con motivo da exposición Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza, o xoves 15 de setembro na planta 1ª da Casa das Artes de Vigo, ás 20:00 h terá lugar unha conferencia sobre a fala dos canteiros que correrá a cargo de Xorxe Rodrigues Gómes.
Este investigador falará sobre o "latín" dos canteiros, xerga que empregou este colectivo procedente dos medios xeográficos máis diversos de Galiza como unha forma de protección e baixo segredo do oficio. Así a verba dos arxinas como tamén se lle coñece, xurdiu de forma intencional transmitíndose oralmente como un signo de identidade.
A conferencia organizada polo CAT, institución dependente de Patrimonio Histórico en colaboración co Servicio de Normalización Linguística do Concello de Vigo está a apoiar a promoción á candidatura á Unesco das Tradicións Galaico-Portuguesa e pretende achegar ao público a estes colectivos ambulantes que foron capaces de crear unha linguaxe e designacións propias para o desenvolvemento do seu traballo así como tamén que o público tome conciencia da importancia do gran patrimonio inmaterial deixado por estes artesáns deseparecendo ao longo do século XX xunto con outros oficios.
Ademais desta iniciativa, o Centro de Artesanía Tradicional, entidade que promove esta actividade, durante as fins de semana de setembro poderase coñecer de cerca as características doutros oficios tradicionais, na proposta que leva por título "Un fin de semana cos artesáns".
Así, o público xa puido comprobar as demostracións en vivo de artesáns de cestería e tecedeira. Os días 17 e 18 deste mes poderán adentarse no mundo dos carpinteiros e os días 24 e 25 de setembro será o turno das redeiras, oficio tan vencellado a Galicia. O horario para participar nestas actividades é, os sábados de 11.30 a 14.00 horas e de 18.30 a 21.00 horas; e os domingos de 11.30 a 14.00 horas.
A mostra "Beleza e utilidade: a artesanía tradicional en Galicia", que pode visitarse na planta primeira da Casa das Artes ata o 2 de outubro, ten como obxectivo achegar e dar a coñecer ao público en xeral as características que definen a artesanía tradicional e os criterios que hai que ter en conta para diferenciala doutras artesanías.
O horario da exposición é de luns a venres de 18.00 a 21.30 horas; os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21:30 horas, e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
Ademais, neste horario de apertura ao público é posible concertar visitas guiadas dirixidas a asociacións, entidades culturais e público en xeral organizadas polos responsables do Centro de Artesanía Tradicional.
Descargar todas as imaxes