A arte de facer as redes
Continuando coas actividades complementarias que xiran arredor da exposición "Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza", este fin de semana a xente que desexe poderá achegarse a Casa das Artes de Vigo, onde disfrutarán dunha demostración en vivo sobre o oficio das redeiras da man de Consuelo Martínez.
Consuelo Martínez, natural de Bueu fíxose co oficio a raíz de coñecer ao seu home, de profesión mariñeiro. Comezou arranxando redes e agora gusta de transmitir este oficio aos máis novos facendo numerosas demostracións en numerosos colexios e institucións diversas.
Ata fai pouco tempo as redes eran confeccionadas artesanalmente polas redeiras con fío de cáñamo e despois algodón. Hoxe en día fanse de xeito industrial e o que se emprega é o nailon.
A demostración será en horario de 11: 30 a 14:00 pola mañá e de 18:30 a 21:00 h pola tarde o sábado e o domingo de 11: 30 a 14:00 h.
Descargar todas as imaxes