Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

Orde do día para a sesión ordinaria que terá lugar o día 26 de setembro de 2005, ás nove horas, no salón de Plenos do Concello.

venres, 23 set 2005
1.- Dar conta de escrito do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, do 19 de setembro, polo que comunica a designación de Voceira e Voceiro adxunto do devandito grupo.

2.- Dar conta do escrito de data 19.09.05 da voceira do Grupo municipal do PSdeG-PSOE, comunicando nova designación de membros do devandito Grupo nas diferentes comisións informativas.

ALCALDIA
3.- Dar conta de decreto da Alcaldía do 21.09.05 asignando dedicación exclusiva. Escrito da concelleira aceptando a devandita dedicación.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
4.- Corrección de erro material no texto refundido do PP do Parque tecnolóxico aprobado definitivamente o 26.07.05. Expte. 9353/411.

XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Modificación orzamentaria num. 79/05 (suplemento de crédito) para a realización de obras en diversos muros da cidade. Expte. 45808/250.

6.- Modificación orzamentaria núm. 80/05, para a realización de diversas obras na cidade. Expte. 46195/250.

7.- Aprobación inicial da modificación do regulamento dos mercados municipais.

8.- Proposta de festivos locais para o ano 2006.

MOCIÓNS
9.- Moción do Grupo municipal do PG de instar a instalación de servizos de telefonía e radio nos túneles da Area Metropolitana da Madroa e A Cañiza.

10.- Moción do Grupo municipal do PG instando a limpeza do vial da Universidade.

11.- Moción do Grupo municipal do BNG solicitando apoio para actividades en relación coa Marcha Mundial das Mulleres.

12.- Moción do Grupo municipal do BNG instando tomar as medidas necesarias para corrixir deficiencias do auditorio municipal.

13.- Moción do Grupo municipal do BNG propoñendo o incremento da seguridade vial na rúa Manuel Cominges e Rúa dos Canteiros.

14.- Moción conxunta dos Grupos municipais do BNG e do PSdeG-PSOE solicitando o impediato cumprimento do acordo do 26.01.05 relativo á creación dunha escola pública no PERI II 12 A Florida B.

15.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando a posta a diposición da Xunta os terreos necesarios en Navia para a construcción do edificio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

16.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando o cumprimento do convenio e anexo "Programa Vigo 2005" para execución proxectos en Praza de Compostela e rúa Urzáiz.

17.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á necesidade de coordinación dos centros de investigación mariña da área de Vigo.

18.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE requirindo ó Goberno municipal a presentación perante o Pleno dos regulamentos municipais pendentes de tramitación.

19.- Rogos e preguntas.