Catorce fotógrafos austríacos procuran no MARCO a personalidade do seu país
O MARCO acolle desde hoxe venres ata o 8 de xaneiro de 2006 a exposición de fotografía austríaca contemporánea "A patria está ao virar na esquina", que reúne 80 obras de 14 artistas deste país centroeuropeo, coa pregunta pola posibilidade dunha perspectiva e estética nacional como tema común.
A atención destes autores pola súa patria parte da seguinte pregunta: ¿é aínda posible, na era da globalización, identificar unha paisaxe artística por medio das características dun país e da mentalidade dos seus habitantes? A través da fotografía, esta mostra analiza as máis diversas visións dun mesmo país e mantén vivo o debate sobre a relación entre a realidade e a súa imaxe, sobre a posibilidade de representación do mundo.
Na exposición están presentes distintas xeracións de artistas. Algúns dos participantes, como Erwin Wurm, Muntean/Rosenblum, Lois Renner e Elke Krystufek, forman parte das xeracións novas e intermedias máis coñecidas no estranxeiro. Outros, en cambio, pertencen ao grupo de artistas máis veteranos, ou que teñen influído decisivamente na escena artística interna: Dieter Huber, Leo Kandl, Friedl Kubelka, Eva Schiegel, Mergherita Spiluttini, Peter Dressler, Helmut Kandl ou Paul Albert Leitner. Ademais, na mostra participan artistas máis novos e aínda por descubrir, como Norbert Becwar e Martin Krenn.
As perspectivas son tan diversas como os materiais empregados: xunto a fotografías en branco e negro ou imaxes a cor de distintos formatos exhíbense outras pezas, como vídeos, pinturas e postais. Unha das características da selección das obras é a variedade de xéneros e motivos e a representación das correntes artísticas máis significativas do país.
As áreas temáticas abranguen desde a paisaxe natural e urbana á fotografía de grupo, o retrato ou as imaxes de "performances". Entre os temas recorrentes están a análise de acontecementos políticos, o catolicismo dominante en Austria, as obsesións sexuais, a imaxe tópica do país e os retratos individuais e colectivos. Tamén se analizan a vida no campo e na cidade, a relación entre natureza e cultura, o turismo, os mundos interiores e a relación cos bens culturais.
As obras seleccionadas son tamén mostra das distintas visións sobre a arte da fotografía: desde os artistas que a interpretan como pintura ás imaxes "realistas", pasando pola fotografía de "performance", nalgún caso cunha posta en escena que integra elementos de crítica social. As tendencias máis recentes deixan a autoría nun segundo plano e utilizan a fotografía como un máis dos medios artísticos posibles.
Contra as declaracións de que o mundo é unha aldea global e a terra un crisol de culturas, a idea que se extrae desta exposición é que o lugar en si exerce unha influencia decisiva. Así, o antigo concepto de paisaxe cultural pode volver empregarse con propiedade aínda hoxe: a cultura avanza e evoluciona mediante novas inspiracións obtidas das viaxes ou dos estímulos da inmigración. En última instancia, a conclusión
é que a mestura actual da cultura austríaca constitúe unha paisaxe cultural con personalidade propia.
Descargar todas as imaxes