venres, 25 feb 2005
A concellería de Patrimonio Histórico, por medio do Centro de Artesanía Tradicional e Casa do Cesteiro, ten aberto o prazo de inscrición , ata o 4 de marzo, dos cursos de cestería tradicional de Galicia. Neste ano, ademais dos cursos habituais dirixidos a desempregados para formarse profesionalmente neste oficio artesano, convócanse cursos en horario de tarde dirixidos a todas aquelas persoas que, con ou sen relación coa Cestería, busquen unha aproximación ás técnicas e pezas da cestería tradicional de Galicia.
mércores, 23 feb 2005
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López Chaves, presentou a nova programación das actividades de difusión cultural do Centro de Artesanía Tradicional –CAT- e Casa do Cesteiro, así como o programa formativo a desenvolver na Casa para este ano.
martes, 22 feb 2005
A Aula Municipal de Etnografía, situada na parroquia de Saiáns e xestionada pola Concellería de Patrimonio Histórico, dedica o presente curso 2004-2005 á historia dos cereais e a cultura tradicional do pan en Galicia, cunha serie de actividades didácticas que inclúe visitas ao conxunto dos muíños de Gontade.
venres, 18 feb 2005
O Centro de Artesanía Tradicional ofrece o sábado 19 unha demostración do oficio das tecedeiras, como comezo dunha serie de actividades que se desenvolverán o segundo sábado de cada mes para achegar o público aos oficios tradicionais. Esta actividade complétase cunha rota cultural polo Casco Vello.
martes, 15 feb 2005
Aqueles que desexen inscribirse no IX Seminario de Arte Románica poderán facelo ata o xoves 17 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello. O IX Seminario de Arte Románica, que conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio Histórico, abordará o fenómeno da arquitectura mozárabe a través de catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña, do 19 de febreiro ao 12 de marzo no Centro Cultural Caixanova.
mércores, 2 feb 2005
O IX Seminario de Arte Románica, que conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio Histórico, abordará o fenómeno da arquitectura mozárabe a través de catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña. Será no Centro Cultural Caixanova do 19 de febreiro ao 12 de marzo e a inscrición poderá solicitarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 17 de febreiro.
luns, 17 xan 2005
As pedras retiradas na praia do Cocho o sábado por unha brigada do Parque Móbil Municipal e cuxo valor arqueolóxico está por determinar, non sufriron ningún tipo de danos, segundo informou o responsable do Parque Central.
xoves, 14 out 2004
No seu lugar, en Bouzas, instalarase a pérgola de Jenaro de la Fuente, emprazada anteriormente na Praza de Portugal. Os veciños de Bouzas deron o seu visto bo á decisión municipal.
martes, 20 xul 2004
O Concelleiro de Patrimonio Histórico, José Manuel Figueroa, asistiu na mañá do martes á entrega de diplomas aos participantes no programa formativo en cestería tradicional impartido por A Casa do Cesteiro.