Escoitar

O Concello participa no encontro "Galicia e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro"

A localidade portuguesa de Melgaço celebrará os próximos días 3,4 e 5 de xuño o encontro "Galiza e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro", evento para a promoción da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á Unesco".O Concello de Vigo participa neste evento a través das concellerías de Patrimonio Histórico co centro de Artesanía Tradicional –CAT- e co servizo de Normalización Lingüística.<br />

mércores, 1 xuñ 2005
11176955101117624738logo.jpg
Nos días que dure o encontro o público poderá participar en obradoiros de saberes e oficios tradicionais, xogos populares, exposición etnográfica, gastronomía tradicional, música popular, animación da rúa de Galiza e Portugal.

A candidatura da "Tradición Oral Galaico-Portuguesa" a Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade presentouse á Unesco en outubro do 2004, para concorrer á terceira proclamación das Obras Mestras Patrimonio da Humanidade.

É un momento único para a divulgación, promoción e preservación da cultura tradicional común de ámbalas comunidades que abarca un extenso conxunto de manifestacións que van da literatura oral, música e danza, pasando polas formas de cultura ligadas ao medio marítimo e agrario, polas artes e oficios, polas festas, simboloxía e pola propia afinidade lingüística.

O evento "Galicia e Norte de Portugal: un Patrimonio para o Futuro" , promovido ola vila de Melgaço, pretende dar a coñecer esta iniciativa, contribuíndo á divulgación dun conxunto de formas culturais tradicional común que testemuñan unha identidade única e singular.

Máis información da candidatura na páxina www.opatrimonio.org
Descargar todas as imaxes