Dúas liñas de Vitrasa empregarán aceites vexetais reciclados como carburante biodiesel
A Circular 3 entre Coia, Bouzas e encarnación e a Circular 4 entre Coia, Aragón, Poulo e a Estación de autobuses son as liñas designadas para o proxecto experimental da consellería de Medio Ambiente consistente na utilización de aceites vexetais reciclados como carburante.
O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, o director xeral de Medio Ambiente, Manuel Álvarez Campana e o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, presentaron hoxe martes o convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente da Xunta, o Concello de Vigo e a empresa Viguesa de Transportes (Vitrasa) para o fomento do emprego de biocarburantes e outros carburantes e combustibles renovables como substitutivos do gasóleo ou a gasolina.
O convenio xa asinado prevé a posta en marcha dun proxecto experimental para o reciclado de aceites vexetais e o seu emprego como biodiesel nos autobuses de Vitrasa. A compañía pon a disposición da consellería de Medio Ambiente, coordinadora do proxecto piloto, seis autobuses de dúas liñas distintas de transporte: a Circular 3 entre Coia, Bouzas e Encarnación e a Circular 4 entre Coia, Aragón, Poulo e a Estación de autobuses. O Concello de Vigo, pola súa parte, facilitará o espazo necesario para a colocación dos bidóns para a recollida dos aceites vexetais, segundo estimacións de Manuel Álvarez Campana, entre 100 e 150. "O maior número posible para estimular a recollida", dixo, e engadiu que os puntos de recollida aínda están en fase de estudo pero que se potenciará a zona de paso dos circulares nos que se proba o proxecto.
Para garantir o axeitado desenvolvemento das actuacións previstas constituirase unha comisión de seguimento integrada por representantes das tres partes involucradas no convenio. O prazo de vixencia do acordo é dun ano, podendo ser prorrogado de forma expresa por consenso.
Con este convenio o Concello aposta por levar a cabo actuacións que contribúan a preservar o entorno natural mellorando a calidade do aire nas zonas urbanas e propiciando a utilización do transporte público entre a poboación.
Descargar todas as imaxes