O Festival e o Concurso de Piano clausúranse cun acto conxunto no Auditorio Caixanova
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 e o Concurso Nacional de Piano "Compositores de España" chega á súa fin cun acto de clausura conxunto no que os gañadores das distintas categorías recibirán os seus premios e ofrecerán un recital.
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 e o Concurso Nacional de Piano "Compositores de España" clausúranse mañá 1 de xuño coa entrega de premios e un recital dos gañadores das diferentes categorías. Neste acto, que terá lugar no Auditorio Caixanova a partir das 20:00, interpretarase música de Antón García Abril, autor homenaxeado neste concurso, de compositores galegos e do repertorio clásico internacional. O acto será presentado por Xosé Manuel Piñeiro
Segundo a Directora Xeral do certame, María Herrero, o xurado do concurso quedou "impresionado" pola calidade das interpretacións dos participantes, que foron 28 na categoría infantil, 10 na xuvenil e 15 na de novo concertista. Esta calidade levou a que se concedesen varios premios ‘a exequo’ e mencións de honor que non estaban establecidas nas bases do concurso.
Agora, os premiados na modalidade de novo concertista poden acceder directamente á segunda fase do 6º Concurso Internacional de Piano "Compositores de España" de Las Rozas (Madrid), que se celebrará do 19 ao 26 de novembro. Ademais, o primeiro premio desta categoría poderá facer unha xira de concertos organizada polo concurso comprometéndose a tocar o programa deste, incluídas as obras españolas da proba final.
Canto ao Festival Internacional de Piano, María Herrero asegurou que foi un "éxito" de público, con cheos en todos os concertos. O Festival trouxo a Vigo unha serie dos máis destacados pianistas do panorama internacional, como son Leonel Morales, Antonio Di Cristofano, Francesco Monopoli, Pierluigi Camicia, Enrique Bátiz, Giovanni Humberto Battel e Evgueni Starodoubtsev.