O conselleiro de Pesca abordará o futuro do aproveitamento sustentable dos recursos pesqueiros
mércores, 1 xuñ 2005
O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, clausura o, 2 de xuño, o ciclo "Polos mares de Galicia", que se vén desenvolvendo dende o pasado 19 de maio organizado polo departamento de Cultura do Concello de Vigo en colaboración coa Fundación CaixaGalicia e a Universidade de Vigo.
mércores, 1 xuñ 2005
A carpa "De Boa Man", que foi inaugurada hoxe mércores e permanecerá na rúa Príncipe ata o sábado día 4, contou coas visitas da alcaldesa Corina Porro e a concelleira Marta Iglesias. Esta campaña persegue a integración dos discapacitados, ademais de ofertar un comercio alternativo e de calidade.
mércores, 1 xuñ 2005
A Feira pretende converterse no gran mercado náutico do noroeste peninsular, con máis de 2.000 metros de exposición de barcos e complementos. Estará en Vigo entre o 2 e o 5 de xuño e contará con multitude de actividades paralelas para o entretemento dos asistentes.
mércores, 1 xuñ 2005
Os alumnos da Escola Municipal de Teatro mostrarán o que aprenderon ao longo do curso con seis representacións do 7 ao 10 de xuño no Auditorio do Concello. Ademais, na primeira quincena de xullo, a Escola ofrecerá catro cursos monográficos relacionados co teatro.