Os alumnos da Escola Municipal de Teatro representarán seis obras no Auditorio do Concello
Os alumnos da Escola Municipal de Teatro mostrarán o que aprenderon ao longo do curso con seis representacións do 7 ao 10 de xuño no Auditorio do Concello. Ademais, na primeira quincena de xullo, a Escola ofrecerá catro cursos monográficos relacionados co teatro.
O martes 7 de xuño, alumnos de seis a 12 anos representarán "A música da noite", de M. Lourenzo González, obra que recrea unha viaxe iniciática na que participan unha nena orfa e un pacífico avogado. Os alumnos máis novos serán tamén os encargados de dar vida, o mércores 8 ás 19:30, aos personaxes de "Casting", de Roberto Pérez Gallegos, que conta a realización dun casting para formar parte do elenco dun famoso musical inglés.
O xoves 9 de xuño estará centrado na célebre obra de Antoine de Saint Exupery "O principiño", que será representada ás 18:30. Ese mesmo día, ás 20:00, alumnos de máis de 18 anos actuarán en "Cadros de amor e humor ao fresco", de José Luis Alonso de Santos, obra na que se reflicte a loita entre os sexos opostos.
As xornadas finalizarán o venres 10 de xuño coa representación de "O demo visita España", de Laura Torrecilla, ás 18:30, e de "Morrer ou non morrer", de Sergi Belbel, ás 20:00. En "O demo visita España", o mozo demo "Satán" tenta captar todas as almas que pode en España pero vese envolto en diferentes e caóticas situacións, mesturándose cunha serie de excéntricos e peculiares personaxes. Pola súa banda, "Morrer ou non morrer" parte de escenas a saltos e sen un suceso liñal para formular a dicotomía entre a vida e a morte.
Durante a presentación destas xornadas, que tivo lugar hoxe mércores no Concello, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, dixo que "é importante que o público se entusiasme co teatro e que o demande".
Cursos monográficos
Para seguir fomentando esta arte na nosa cidade, a Escola Municipal de Teatro, ofrece na primeira quincena de xullo catro cursos monográficos, de 20 horas cada un, impartidos por peroas de recoñecido prestixio. Así, do 4 ao 8 de xullo, no Auditorio Municipal, impartirase un curso básico de iluminación de 10:00 a 14:00. Tamén do 4 ao 8 de xullo, pero desta vez de 17:00 a 21:00 e na sede da Escola Municipal de Teatro (Monte da Mina 16, Castrelos), terá lugar un curso de creación escénica.
Do 11 ao 15 de xullo, tamén na Escola, haberá un obradoiro de técnica vocal, de 10:00 a 14:00. Por último, a Escola acollerá nesas mesmas datas un obradoiro de teatro clásico, de 17:00 a 21:00.
Descargar todas as imaxes