Paseos a vela pola ría na Primeira Feira Náutica Popular
A Feira pretende converterse no gran mercado náutico do noroeste peninsular, con máis de 2.000 metros de exposición de barcos e complementos. Estará en Vigo entre o 2 e o 5 de xuño e contará con multitude de actividades paralelas para o entretemento dos asistentes.
A Primeira Feira Náutica Popular de Vigo, que terá lugar entre os días 2 e 5 de xuño e conta coa colaboración da Federación Galega de Vela, ofrecerá aos asistentes a posibilidade de realizar o seu "bautismo de mar". Esta práctica consiste nun primeiro contacto co mar e a vela. Tanto nenos como adultos, todos os que se acheguen a esta feira poderán disfrutar dun agradable paseo pola ría viguesa co único requisito de saber nadar. A idade mínima para participar é de 9 anos.
Para levar a cabo esta actividade a Federación Galega de Vela vai poñer a disposición da feira as seguintes embarcacións:
5 Optimist (barco individual para nenos de ata 14 anos)
10 Topaz (barco dobre para maiores de 14 anos)
2 Omegas (barco colectivo ideal para a iniciación)
5 embarcacións neumáticas
Organizaranse saídas por grupos non superiores a quince persoas cunha duración aproximada de dúas horas. Os horarios destas saídas en grupo serán de 10 a 12, de 12 a 14 horas e dúas quendas, de 16 a 18 e de 18 a 20 horas polas tardes.
A Feira Náutica Popular de Vigo pretende consolidarse como o gran mercado do barco de ocasión do noroeste peninsular. Haberá 2.200 metros cadrados de carpas de exposición con todo tipo de embarcacións e complementos náuticos, con expositores de España, Portugal e Francia. Tamén se disporá dun amplo rastrillo náutico para a compra-venta entre profesionais e afeccionados.
Barco a vapor
Os visitantes poderán disfrutar tamén da exposición do único barco a vapor existente na provincia, o Hidria II, que estará exposto durante a feira. O buque pertence á empresaVapores del Atlántico SL, que foi a que o restaurou e o puxo en funcionamento. As súas dimensións son de 30 metros de eslora, 8 de manga e 2,5 metros de calado.
Para os máis pequenos haberá distintas actividades, ademais de exhibicións e conferencias e a entrada será gratuíta. Unha piscina infantil, talleres de pintura, contos globoflexia e traballos con arena...
Descargar todas as imaxes