mércores, 26 nov 2003
Baixo o lema de "Eu non son cómplice" a Concellería da Muller inicia unha campaña contra os malos tratos que pretende convertir este lema nun compromiso de toda a sociedade que se extenda por outras cidades. "Queremos que todos os grupos municipais, institucións e en xeral toda a sociedade asuman a súa responsabilidade. Que a sociedade comprenda que facer oídos xordos é a máis terrible das complicidades frente a un problema que gaña en incidencia cada ano e que este ano xa acabou coa vida de oitenta mulleres", explicou María Xosé Porteiro ao longo da rolda de prensa de presentación.
luns, 24 nov 2003
Máis de cen persoas participarán mañá nas xornadas que baixo o título de “O outro terrorismo. A violencia de xénero” se desenvolverán no Auditorio Municipal ata o venres 28, coa organización da Concellería de Muller. O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, será o encargado de inaugurar este seminario, no que participarán importantes representantes de asociacións e entidades vencelladas á igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
martes, 11 nov 2003
A concelleira de Muller, María Xosé Porteiro, presentou hoxe as publicacións "Emprego e cidadanía activa das mulleres" e "Empresaria" nas que o departamento municipal colaborou con Ovarias. Coordinadora de Mulleres contra a violencia dentro da iniciativa comunitaria URB-AL. Vigo é un dos municipios que integran o proxecto, ao que se suman Rosario, en Arxentina; Montevideo, en Uruguai; Toscana, en Italia e Sao Paolo, que coordina o proxecto. Esta iniciativa ten como eixo fundamental coñecer, promover e divulgar experiencias locais de xeración de ingresos no colectivo de mulleres de sectores desfavorecidos.
mércores, 5 nov 2003
A formación e ocupación feminina centran o debate do VIII Encontro Sindical da Muller que organizan os sindicatos CIG,UXT e CC.OO. en colaboración coa concellería da Muller e que terá lugar os días 6 e 7 de novembro no salón de actos do Hotel Lisboa.
xoves, 30 out 2003
Luisa Muñoz Abeledo é a gañadora do I Premio de Investigación Festa da Palabra que convocou a concellería de Muller e a FIGA (Feministas Independentes Galegas) polo traballo "As mulleres de La Artística. Un estudio sobre o traballo feminino na industrialización de Galicia". O premio está dotado con 4.200 euros e maila publicación do estudio.
luns, 20 out 2003
"O corpo da muller. A pel que fala" é o título da XI Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo que se celebrarán do 21 ó 24 de outubro na sala de conferencias de Caixanova , organizadas pola Federación de Veciños e conta co apoio da Concellería da Muller.
mércores, 8 out 2003
A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos "Corpo-palabra.Emoción e Movemento.Autoestima-identidade e saúde " e "Adestramento da Memoria" que se celebrarán a partir do 22 e 23 de outubro.
venres, 26 set 2003
A concelleira da Muller, María Xosé Poteiro, presentou os cursos do programa "O Noso Tempo" que organiza o Concello en colaboración coas asociacións e vocalías da muller das asociacións veciñais.
venres, 18 xul 2003
As actividades ou proxectos que se presenten ao concurso versarán necesariamente sobre formación persoal, artesanía, información e sensibilización dos recursos destinados a mulleres, medios de publicitación, comunicación e difusión do programa.
xoves, 3 xul 2003
O Premio Alecrín, concedido á cantante Cristina del Valle, entregarase o 12 de xullo na Estación marítima de Vigo no transcurso dunha cea. O Premio Alacrán seralle enviado por correo á destinataria, a directora do Instituto de la Mujer. As reservas para a cea poderán facerse no teléfono 986 439 459 ata o 7 de xullo.