xoves, 30 nov 2017
Dende as 19:00 horas deste xoves poderá visitarse o belén monumental que ocupa 100 metros cadrados e do que Caballero destaca o seu "nivel artístico". O rexedor informou tamén dos reforzos de Vitrasa de cara ás festas de Nadal.
xoves, 23 nov 2017
A previsión de choiva obriga ao Concello a adiar o acto que estaba programado inicialmente para o venres na Porta do Sol. Con motivo do acto e do Black Friday deste venres, a cidade reforza o servizo de transporte urbano.
mércores, 18 out 2017
Con guías caracterizados como Concepción Arenal ou Cachamuíña amosarán a riqueza do cemiterio a grupos de 25 persoas dende esta fin de semana e ata o 12 de novembro. É preciso reservar praza na oficina de turismo da Estación Marítima.
xoves, 7 set 2017
Caballero participou este xoves na inauguración da XV Festa do Marisco de Vigo, VigoMar 2017, no Porto Pesqueiro onde dende hoxe e ata o domingo se poderá degustar este manxar da nosa gastronomía a prezos populares. O alcalde salientou a importancia do sector pesqueiro na economía da cidade e puxo en valor o traballo da xente do mar, ao tempo que animou á cidadanía a participar da festa.
luns, 4 set 2017
A XV Festa do Marisco de Vigo celébrase dende este xoves día 7 ata o domingo 10 no Porto Pesqueiro con propostas gastronómicas, xogos tradicionais e animación musical. Na presentación ao público desta mañá o alcalde convidou a toda a cidadanía a "saborear o marisco de Vigo porque como o de aquí non hai; é o mellor do mundo" apuntou, ao tempo que felicitaba á organización polo enorme traballo de desenvolver o evento ano tras ano con prezos accesibles e actividades ao longo de catro xornadas.
luns, 4 set 2017
A festa de ambientación celta-romana desenvólvese os días 16 e 17 de setembro no Parque de Navia con propostas para todos os públicos, dende loita de gladiadores ou xogos celtas a actividades de escavación e ata un enlace romano.
venres, 25 ago 2017
O Concello instalará tres tobogáns acuáticos na rúa Colón, un para maiores de 6 anos e dous para menores de 6, que estarán en funcionamento durante todo o día para celebrar a Festa da Auga con animación na rúa.
mércores, 23 ago 2017
"A nosa propia festa da auga no centro da cidade", adiantou o alcalde, con animación musical e a instalación dun tobogán grande e dous pequenos para os máis cativos, que estarán operativos en horario de mañá e tarde este domingo 27 de agosto.
venres, 4 ago 2017
Crystal Fighters pechou onte xoves a programación de concertos deste verán no auditorio ao aire libre de Castrelos, cunha "afluencia masiva" de público, certificou o alcalde, quen adiantou que o próximo ano se duplicarán as actuacións neste emblemático recinto ata chegar á decena.
venres, 4 ago 2017
A tradicional celebración, que percorrerá o centro da cidade, comeza o domingo ás 19:00 horas. O Concello aprobou tamén subvencións por valor de 21.000 euros.