Escoitar

O alcalde convida á cidade a gozar o domingo da Festa da Auga

O Concello instalará tres tobogáns acuáticos na rúa Colón, un para maiores de 6 anos e dous para menores de 6, que estarán en funcionamento durante todo o día para celebrar a Festa da Auga con animación na rúa.

venres, 25 ago 2017
Este domingo Vigo celebra a Festa da Auga con actividades acuáticas e animación ao longo de toda a xornada na rúa Colón. Abel Caballero convidou este venres a toda a cidade a participar nela "descendendo polo tobogán porque o imos pasar ben".

Entre as 11 da mañá e as 14 horas da tarde e dende as 15:30 ata as 20 horas do domingo, estarán dispoñibles os tres tobogáns acuáticos na rúa Colón. O máis grande, entre Policarpo Sanz e a Alameda de Compostela, poden empregalo as persoas maiores de 6 anos e, os dous dous tobogáns pequenos, situados na parte alta de Colón, están pensados para cativos de entre 4 e 6 anos.

Por mor desta actividade, quedará cortado un carril de Colón desde o sábado pola tarde e, desde a noite e durante o domingo, estarán pechadas ao tráfico Colón e Marqués de Valladares.