O alcalde esixe á Xunta responsabilidades pola "catastrófica" xestión no control de visitantes ás Cíes
Caabllero esixiu responsabilidades ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polo caos que se rexistrou onte na cidade con miles de persoas "tiradas" en terra pola sobrevenda de billetes ás Cíes. Cualificou de "catastrófica" a xestión da Xunta, administración competente no control de afluencia de público e das navieiras.