venres, 23 mar 2018
Segundo adiantou este venres Abel Caballero, o Concello xa pechou unha nova actuación musical para o programa Vigo en festas do vindeiro verán. Nesta ocasión será o grupo Cantajuegos, que chegará a parque de Castrelos co seu espectáculo "Yo tengo derecho a Jugar – Tour 2018".
luns, 19 mar 2018
Segundo adiantou este luns Abel Caballero, o goberno de Vigo impulsa o programa educativo "VigoHistoria 2018: A Reconquista" ata o próximo 6 de abril, do que participarán inicialmente estudantes de Primaria do Pintor Laxeiro.
venres, 16 feb 2018
Abel Caballero anunciou este venres os primeiros concertos para as festas de Vigo. O catalán Joan Manuel Serrat traerá a súa xira "Mediterráneo da Cap" o vindeiro 21 de xullo e Raphael estará o 2 de agosto con "Loco por cantar". Ambos actuarán no Auditorio de Castrelos e Caballero avanzou outra "decena" de concertos e "algunha sorpresa".
mércores, 14 feb 2018
O Concello de Vigo cancelou este mércores os actos do Entroido previstos para esta tarde debido a motivos climatolóxicos.
venres, 9 feb 2018
Este grupo "sensacional", afirmou o alcalde, dará o pistoletazo de saída aos actos programados polo Concello de Vigo para este Entroido. Efecto Pasillo actuará na Porta do Sol despois da entronización do Meco, que comeza ás 20 horas, e da animación de rúa. Este sábado ás 18 horas, o desfile de comparsas.
venres, 2 feb 2018
Abel Caballero presentou este venres a programación municipal para esta festa, que se celebrará do 9 ao 14 deste mes. O alcalde destacou o concerto-pregón de Efecto Pasillo e as actuacións de dúas orquestras na Porta do Sol, ademais de animación de rúa ou unha carreira popular. O desfile de comparsas e carrozas, o sábado 10 ás 18 horas.
venres, 26 xan 2018
A concellería de Festas e Turismo abre o prazo de inscricion dos Concursos do Entroido 2018 de comparsas, carrozas e disfraces.
venres, 26 xan 2018
O goberno de Vigo destina 85.000 euros á organización dos actos do Entroido deste ano, segundo avanzou hoxe venres Abel Caballero, e abre desde este sábado o prazo para solicitar participar no desfile de comparsas, que terá lugar o sábado, 10 de febreiro, ás 18 horas, con saída en Isaac Peral e final na Porta do Sol.
venres, 5 xan 2018
Melchor, Gaspar e Baltasar acudiron á Praza do Rei antes do seu percorrido polas rúas da cidade. Caballero indicou que todo apuntaba a que choiva respectará o paso das carrozas