Escoitar

A representación da Festa da Reconquista celebrarase o vindeiro 6 de maio

Abel Caballero anunciou que a representación da Festa da Reconquista, aprazado o pasado 8 de abril debido á choiva, celebrarase o vindeiro 6 de maio (18:00 horas). Ademais, este xoves o alcalde participa no acendido do alumeado da Feira de Abril na zona do Náutico.

xoves, 19 abr 2018
Xa hai día e hora para a celebración da representación teatral da Festa da Reconquista 2018. Despois de que na data prevista, o pasado 8 de abril, fose cancelada a actividade polo mal tempo, a organización e o Concello acordaron que se celebre o vindeiro 6 de maio ás 18:00 horas.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves o día e a hora escollida para que os vigueses poidan presenciar a actuación na que se representa a expulsión das tropas napoleónicas da vila no ano 1809.

"Retomamos a Reconquista, a choiva provocou que deixáramos aos franceses uns días máis, son bos amigos e agora vaise a retomar a representación, para a data tivemos en conta os partidos de fútbol, buscando a perspectiva do bo tempo e non houbera coincidencia", sinalou o rexedor en referencia ao derbi galego entre Celta e o Deportivo que se celebrará o día anterior, o 5 de maio.

Feira de Abril
Por outra banda, o rexedor participa este xoves no acendido do alumeado da XXX Feira de Abril en Vigo, que será ás nove da noite na rúa Montero Ríos. Caballero animou a todos os vigueses a participar na festa e destacou que Vigo tamén ten a súa gran Feira de Abril.