O Concello apoia o Birraseto, o primeiro Festival de Cervexa Artesá e Comida de Rúa
O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, participou este mércores na presentación da primeira edición deste evento, do venres ao domingo na Praza do Rei, e animou á cidadanía a achegarse e participar nas distintas actividades, como charlas, concertos, obradoiros infantís e case que cen cervexas artesanais para degustación.
Segundo explicaron desde a organización, Vigo acollerá a cervexeiros artasanais procedenetes de toda Galicia, mais na súa maioría serán da cidade e da provincia de Pontevedra. En total, case cen tipos de cervexas artesanais a degustación durante os tres días que dura a primeira edición do Birraseto Fest.
Explicaron os voceiros da Asociación Galega de Cerveceiros Artesanais, o acceso ás actividades do Festival será totalmente gratuito e para consumir é necesario mercar un vaso conmemorativo. O Birraseto nace con vocación de continuidade e ámbito familiar, co obxectivo principal de fusionar a cervexa artesá con comida de rúa e unha ampla programación de concertos, obradoiros para os máis pequenos, catas e charlas.