Escoitar

O Concello organiza en Teis unha nova ruta literaria con "Historias para coñecermos Vigo"

O escritor Francisco Castro, autor de "Barricadas de Sal", será o encargado de guiar este sábado aos participantes nunha nova ruta literaria polos barrios de Vigo. Enmarcada no proxecto "Historias para coñecermos Vigo", os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010.

mércores, 18 abr 2018
O Concello de Vigo organiza esta fin de semana un paseo literario baixo o guión das obras da colección "Historias para coñecermos Vigo". Este novo roteiro será o sábado ás 11,00 horas desde o Mercado de Teis.

O sábado 7 de abril xa celebrouse a ruta de "Entre os dous hai un río". Guiouno a autora da novela, María Ladoe, pola zona de Lavadores. Este sábado, 21 de abril, os asistentes a "Barricadas de sal" contarán cos comentarios do autor, Francisco Castro. O punto de partida é o Mercado de Teis ás 11,00 h desde onde se iniciará un paseo polo barrio.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse, a partir do vindeiro luns, día 19, en horario de 09,00 a 14,30 h no teléfono 986810281.