venres, 20 abr 2018
O alcalde visitou este venres a instalación de 270 metros cadrados de superficie, ao que o Concello adicou máis de 53.000 euros. Teis contará ademais cun macro parque infantil en Pedro Alvarado, con medio millón de euros de orzamento e inicio de obras o mes que vén, avanzou Caballero.
venres, 20 abr 2018
A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á modificación orzamentaria para financiar as reformas nas catro Áreas de Rehabilitación integral (ARIS) de Vigo. Ademais, segundo informou o alcalde, tamén aprobáronse a subvención para o club Seis do Nadal, as becas para emprego pola mocidade e as bases reguladoras para as subvencións da Concellería de Igualdade.
venres, 20 abr 2018
Esta festa está programada para o sábado 28 de abril (17:00 horas) no pavillón municipal de Bouzas, a sede natural desta actividade dende 2010.
venres, 20 abr 2018
O alcalde anunciou que este mesmo venres finalizan as obras, o que supón cambiar o acceso ao CEIP Ramón y Cajal, coñecido como o Picacho, que terá entrada por Marqués de Valterra. Caballero recordou que esta rúa está a ser humanizada e en proceso de "importante rexeración".
venres, 20 abr 2018
A Concellería de Cultura colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "NAS ONDAS", que se desenvolverá nos meses de abril, maio e xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades: DE PIANO, SAXORNADAS, EXPLURART e ABRENTE.
venres, 20 abr 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este venres co responsable de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, para falar da necesidade da posta en marcha do AVE por Cerdedo entre Vigo e Ourense. "Compartimos o apoio á conexión por Cerdedo e iso está por riba das siglas dos partidos políticos", asegurou Caballero.
venres, 20 abr 2018
Este Mapa Literario de Vigo é un proxecto que nace dende a Bilioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e co se quere amosar a importancia da nosa cidade dentro da literatura. Pretendeses que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo, indicando algún título que quedou atrás ou sumando algunha nova parada ou localización que non estea incluída ou se vaia creando.