Escoitar

Caballero cualifica "dunha beleza excepcional" o Internacional Concello de Vigo de grupos show, a fin de semana

O Pavillón central das Travesas recibe esta fin de semana (sábado 21 e domingo 22, ás 16:00 horas o desfile e ás 16:30 a competición) a terceira edición do Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, evento que dinamiza e patrocina a Concellería de Deportes e que organiza de novo o Club Patín Vagalume Celtamotor.

xoves, 19 abr 2018
1524143037Patinaje.jpg
O trofeo, por segundo ano de dous días pola importante demanda de agrupacións participantes (haberá 78, segundo anunciou o alcalde na presentación), contará con preto de 900 patinadoras e patinadores de toda Galicia, pero tamén das comunidades autónomas de Castela-León, Madrid e Andalucía, ademais de varios grupos e cuartetos de Portugal.

"É unha modalidade moi divertida, con música, e animo á cidadanía a que se achegue Ás Travesas", dixo Abel Caballero. O evento dividirase en seis categorías (cuartetos, xuvenil, grupos promocional pequenos, grupos promocional grandes, grupos show pequenos e grupos show grandes). O xefe do goberno municipal loou este deporte, "dunha beleza excepcional".

A patinaxe é unha das referencias do programa municipal de escolas deportivas. De feito, é o primeiro deporte a nivel feminino con 557 participantes, un 12% dos 4.581 alumnos e alumnas das escolas municipais.

Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, da coordinadora de Vagalume Celtamotor (Bea Fernández) e das patinadoras Blanca Fandiño e Nerea Méndez, o rexedor recibiu de mans delas as primeiras entradas do evento, que terán un custe de 5 euros por xornada, aínda que tamén haberá un bono de 8 euros. Serán preto de dez horas de patinaxe entre os dous días.

O evento é tamén Copa Galega de grupos show e a adestradora do Vagalume lembrou que "hai moi poucos trofeos de grupos show en España e este é dos máis importantes e internacional".

Caballero, nunha rolda de prensa moi distendida, tamén preguntou ás patinadoras "que se sinte cando se participa na patinaxe artística a esa velocidade á que o facedes todas xuntas", ao que Fandiño lle contestou que "sentes unha grande responsabilidade; o máis complicado é a sincronización e si fallas, falla todo o grupo".
Descargar todas as imaxes