A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o evento "Trazos nas Táboas"
A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar durante a vindeira fin de semana o<br /> evento "Trazos nas Táboas", consistente na representación de pezas breves de micro-teatro.
Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer á cidadanía a existencia, e as actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).
As representacións levaranse a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da Escola, situada na Avenida de Castelao, 87 (interior):
*Venres 20 de abril ás 20:00 horas: "O PODER DUN COMPROMISO" e "ESTACIÓNS VITAIS"
*Sábado 21 de abril ás 20:00 horas: "O PODER DUN COMPROMISO" e "ESTACIÓNS VITAIS"
Para poder asistir a estas representacións pódense recoller as invitacións na oficina da EMT, a partir do luns 16 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo.
Tamén pódense reservar no teléfono 986 485 324 ou mediante correo electrónico, no enderezo em.teatro@vigo.org
Descargar todas as imaxes