O alcalde subliña que Vigo ten a menor presión fiscal das cidades galegas
Citando fontes oficiais do Ministerio de Facenda, Abel Caballero explicou que Vigo presenta unha presión fiscal inferior ao resto de urbes galegas e ademais nun contexto de débeda cero e investimentos este ano por valor de 50 millóns de euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este mércores que a cidade presenta a presión fiscal máis baixa das cidades galegas. Con datos do Ministerio, apuntou, Vigo sitúase nos 558 euros por habitante, mentres que Lugo está en 565 euros por habitante, Santiago en 604 euros, Pontevedra en 615 euros, A Coruña en 623 euros e Ourense en 655 euros por habitante. "Somos a cidade de Galicia coa presión fiscal máis baixa", insistiu.
Caballero puxo en valor que estas cifras se dan nun contexto de débeda cero no Concello de Vigo e con investimentos no orzamento municipal deste ano por valor de 30 millóns de euros aos que se suman outros 12,2 millóns procedentes do superávit conseguido polo propio Concello no pasado ano e as partidas procedentes de fondos europeos e da Deputación de Pontevedra, co que o investimento supera os 50 millóns, segundo detallou o rexedor.