Escoitar

Vigo acolle a presentación da 55ª edición da Feira do Viño do Ribeiro

O alcalde, Abel Caballero, participou este mércores no acto celebrado na Casa Galega da Cultura, para presentar a nova edición dunha Feira que terá luga do 28 de abril ao 1 de maio en Ribadavia, con viño, gastronomía e música na oferta programada.

mércores, 18 abr 2018
1524070748feira.jpg
A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 55ª edición, terá lugar os vindeiros días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2018, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense). Este mércores presentou as súas actividades, na Casa Galega da Cultura, coa presenza e participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Na Feira deste ano participarán un total de 36 adegas que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os catro días do evento.

O público deberá mercar a súa copa e os tickets de puntos na caseta de venda de copas e tickets (na entrada do recinto) e, posteriormente, visitará as casetas das adegas onde poderá optar por degustar os viños mediante a proba (pequena cantidade de viño para catar o viño), copa ou por botella. Cada opción terá un prezo diferente que marcará cada adega.

Entre as principais actividades destacan a cata popular, os showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, zona gastronómica con pulpeira e Food Trucks, actuacións musicais en sesións de viño aperitivo e nocturnas, zona infantil, Botella Xigante, visitas guiadas ao Castelo e teatralizada nocturna, zona de mercado de artesáns, xuntanza de bandas de gaitas, etc
Descargar todas as imaxes