O Concello de Vigo aproba axudas para as zonas de rehabilitación de vivendas en Bouzas, Casco Vello, Santa Clara e Coia
A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á modificación orzamentaria para financiar as reformas nas catro Áreas de Rehabilitación integral (ARIS) de Vigo. Ademais, segundo informou o alcalde, tamén aprobáronse a subvención para o club Seis do Nadal, as becas para emprego pola mocidade e as bases reguladoras para as subvencións da Concellería de Igualdade.
Un total de 1,3 millóns de euros é a cifra coa que contarán as Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS) de Bouzas, Casco Vello, Coia e Santa Clara para levar a cabo reformas nas vivendas. Así o avanzou este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase a modificación orzamentaria que permite adicar axudas para rehabilitar inmobles.
Con un importe final de 1,317 millóns, a partida divídese en axudas á vivendas (859.396 euros), reurbanizacións da área (139.959 euros) e equipos técnicos (318.000 euros). "Estamos ante unha cifra moi importante, una mobilización masiva de recursos para mellorar vivendas, acondicionar en zonas onde existen estas áreas, vivendas dos anos 40 e 50 que xa se deterioraron moito e non teñen condicións de habitabilidade", sinalou o alcalde.
Deportes
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou unha subvención ao Clube de Balonmán Seis do Nadal de 30.000 euros. Abel Caballero lembrou que o clube vigués conta con 900 nenos e actualmente o seu primeiro equipo está na División de Honor Prata Feminina.
O alcalde tamén apuntou que a subvención municipal aos clubes de deporte base é de 856.000 euros, duplicándose desde 2015, e en total ao deporte base destinouse 1,12 millóns. "E un compromiso político das eleccións que está cumprido", sinalou
Emprego e Igualdade
Ademais, o goberno local tamén deu o visto e prace ao pago de becas e axudas para o programa "Vigo emprego pola mocidade", que cun importe de 87.360 euros atenderá a 165 desempregados.
Por último, o alcalde informou da aprobación das subvencións da Concellería de Igualdade para axudas a entidades sen ánimo de lucro para realizar programas ou actividades de promoción a mulleres en 2018 cun importe total de 46.000 euros.