venres, 16 mai 2003
Santiago Barros ofrece o domingo un concerto de piano dentro da programación do ciclo de música de interpretes xoves "Xeración 2000+3" e que organiza a concellería de Cultura. O concerto será a partir das 20.30 horas no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
xoves, 15 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou as XIII Xornadas de Filosofía de Vigo en homenaxe a Mario Bunge, posuidor do Premio Príncipe de Asturias, que se desenvolverán do 20 ao 23 de maio no Verbum-Casa das Palabras con entrada libre previa inscrición.
xoves, 15 mai 2003
O vindeiro domingo 18 de maio, con motivo da celebración mundial do Día Internacional dos Museos 2003, todas as actividades dese día no Marco serán gratuítas.
xoves, 15 mai 2003
O domingo 18 de maio clausúrase a exposición "Laxeiro, un vanguardista de vocación atlántica" que puido verse no Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria, desde o pasado 7 de marzo.
mércores, 14 mai 2003
O conservatorio de música acolle o xoves a partir da 20.30 horas o terceiro dos concertos do ciclo de música Xeración 2000+3 organizado pola Concellería de Cultura co fin de promover a creación e interpretacións dos xoves. Nesta ocasión o protagonista é o Trío Maula, grupo creado en 1995 polo percusionista Pedro Sanz e o tubista Eduardo Nogueroles.
luns, 12 mai 2003
A Sala dos Peiraos continúa a serie de exposicións de "Malas Artes" que tratan de amosar a arte máis contemporánea dos artistas máis novos. "Malas artes" é unha iniciativa da Concellería de Cultura, comisariada por Xosé Manuel Buxán, que pretende converter aos Peiraos nun espacio da arte máis novidosa e suxerente feita polos artistas máis novos. A exposición inaugúrase o luns a partir das oito da tarde e estará aberta ata o 10 de xuño.
venres, 9 mai 2003
Marcos Díaz protagoniza o segundo dos concertos do ciclo de novos intérpretes, dentro da programación que ofrece a Concellería de Cultura e que ten como elemento principal a guitarra . O recital terá lugar o domingo ás 20.30 horas no auditorio do Conservatorio de Música de Vigo, con entrada gratuita.
xoves, 8 mai 2003
A prestixiosa mostra de cinema dixital celébrase por primeira vez en España, con actos simultáneos en Madrid, Barcelona, Vitoria e Vigo. O concelleiro de Cultura, Carlos González Príncipe, e a directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentaron o programa de proxeccións que se inicia no Marco o 9 de maio.
xoves, 8 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inaugura o 9 de maio no Instituto Cervantes de Lisboa a exposición titulada "Laxeiro, o carnaval das formas" e que se centra na vertente máis informalista do pintor galego.
mércores, 7 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a terceira edición do ciclo de interpretes novos co nome "Xeración 200+3" co que se pretende darlle oportunidade ás novas xeracións de músicos e compositores. O ciclo conta coa colaboración da Fundación CaixaGalicia e realizarse baixo a dirección de Roberto Relova.