Escoitar

Vigozoo alberga a exposición "Os segredos das árbores", unha mostra fotográfica e didáctica dirixida aos xóvenes

As instalacións de Vigozoo son escenario, dende o pasado 1 de outubro, da mostra fotográfica "Os segredos das árbores", unha exposición de carácter didáctico que inclúe un concurso de debuxo dirixido aos máis novos. A entrada e participación no concurso é libre e gratuita para tódolos interesados.

xoves, 7 out 2004
1097152510expo.jpeg
Cartel da exposición.
A exposición "Os segredos das árbores", realizada por SDL (Investigación y Divulgación del Medio Ambiente) e patrocinada por Unión FENOSA e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia estará emprazada nas instalacións de Vigozoo dende o 1 de outubro ata o 2 de novembro de este ano.

Dita exposición leva máis dun ano percorrendo Galicia a través de diferentes salas, colexios, centros culturais e institucións, ca fin de espertar no público o interese pola natureza. A mostra consiste en múltiples fotografías de diferentes especies arbóreas, vitrinas, paneis complementarios, mostrarios de cortes en sección de troncos, un sementeiro, materiais didácticos e un concurso de debuxo dirixido a os máis novos.

No concurso, co tema "As árbores", poden participar todos os asistentes de entre 0 e 14 anos. Haberá tres categorías de idade: de 0 a 6, de 7 a 9 e de 10 a 14 anos; dentro de cada categoría haberá primeiro, segundo e terceiro premio, ademais de dous accésits.

A entrada a esta exposición é libre e de balde, xa que pódese acceder a ela sen necesidade de pagar a entrada necesaria para ver o resto do parque