Escoitar

Vigoferia acollerá tres salóns sectoriais do moble, a moda e o turismo

A Feira multisectorial de Vigo reunirá tres salóns asentados en distintos sectores como son a moda, o moble e o turismo. Dende o día 23 de outubro e ata o 1 de novembro, o recinto ferial de Cotogrande adicará 23.500 metros cadrados a comerciantes e consumidores destes sectores.

mércores, 6 out 2004
1097067191expovigo.JPG
A undécima Feira Multisectorial de Galicia y Portugal, Vigoferia, presentouse hoxe na sala de prensa do Concello coa presencia da concelleira Lucía Molares, e dos directores de Vigoferia e o Ifevi, así coma os presidentes das asociacións de comerciantes de Vigo e a de hosteleiros da provincia.

Nesta nova edición, a multisectorialidade da paso á profesionalidade, con tres salóns que discurren paralelamente no recinto ferial: o Salón do moble, o Salón Internacional de xoves diseñadores e máis Expogalaecia, a feira de turismo, gastronomía e artesanía.

Polo tanto serán tres as inauguracións no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi). O salón do moble comezará o día 23 de outubro e os outros dous o día 29. Todos eles clausuraranse o día 1 de novembro. En total serán máis de un millar de firmas representadas, cun total de 500 empresas participantes e máis de 300 stans expositores nun recinto de 23.500 metros cuadrados de superficie cubierta.

O Salón do moble adquire máis puxanza que nunca na súa VI edición, ocupando boa parte do recinto (uns 12.000 metros) e reunindo a destacados fabricantes de Galicia e Portugal en dez días de feira. A gran demanda de expositores neste sector levó á organización a aumentar o calendario para dar resposta a tal interese. Na oferta do salón, ademáis da importante presencia en decoración e interiorismo, destaca a nova oferta de mobles a medida, unha iniciativa portuguesa que está tomando moita forza no sector.

O mundo da moda estará presente en Vigoferia a través do Salón internacional de jóvenes diseñadores, que contará coa participación de medio centenar de xóvenes modistos. Ofrecerán unha treintena de coleccións e competirán polos premios que oscilan dende os 2.100 ata os 300 euros.

A feira de turismo, gastronomía e artesanía, Expogalaecia, chega este ano a súa séptima edición, na que se prevé a visita de touroperadores de 25 países, confirmando que se trata dun evento internacional de primeira línea. Nun espacio cuberto de máis de 8.000 metros cuadrados haberá lugar para 120 expositores procedentes de diversos estamentos coma empresas relacioadas co turismo, países, axencias de viaxes, touroperadores, padroados de turismo, institucións e organizacións públicas e privadas, cadenas hosteleras, empresas de transporte, fabricantes de material de viaxe, artesanos…

Por segundo ano consecutivo, Expogalaecia desenrolará a bolsa de contratación turística "Portugalicia", cuio obxetivo é o de reunir nun só recinto aos axentes de viaxes, touroperadores e compañías aéreas máis importantes de Europa, cos propietarios de máis de 100.000 prazas hoteleiras de Galicia e Portugal, relacioados entre sí mediante un "work shoping". Esta iniciativa sería o primeiro paso para a creación do "Clúster turístico do Eixo Atlántico", unha aposta importante se Portugalicia se consolida nos próximos anos.
Descargar todas as imaxes