Corina Porro destaca o papel de Vigo como punto de referencia na descarga e comercialización da pesca conxelada
Coa presencia da ministra de Pesca xunto coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, hoxe inagurouse a VI edición de Conxemar, que cada ano conta con máis países participantes. No discurso inaugural, a alcaldesa lembrou o papel fundamental do Porto de Vigo e a súa industria de conxelados.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, destacou durante a inauguración de Conxemar o papel de Vigo como punto de referencia obrigado na descarga e comercialización de pesca conxelada. A alcaldesa lembrou que o pasado ano Vigo moveu cerca de 600.000 toneladas de pesca conxelada, rexistrando incrementos anuales de máis do 20%.
Nembargantes, non todo foi ledicia na espectacular progresión da industria de conxelados viguesa. Corina Porro fixo referencia á dura reconversión dos oitenta, que reduxo o número de conxeladores á metade, ou diversas situacións ás que houbo que adaptarse, como a extensión das augas xurisdiccionais ás 200 millas, as restriccións dos caladeiros ou a implantación do sistema de cuotas.
A proba de que estas dificultades foron superadas é que Vigo acolle unha edición máis de Conxemar, unha das máis importantes feiras de pescado mundiais e máximo referente do sector da comercialización pesqueira. Corina Porro sinalou que esta edición é a máis internacional de tódalas celebradas, contando coa presencia de grandes exponentes como Estados Unidos, Canadá, México, Portugal, Irlanda ou Venezuela. Ademáis súmanse Australia, Vietnam e Brasil, e iniciaranse misións comerciais en países de gran potencial de desenvolvemento coma Polonia, Lituania e Rusia.
Finalmente, a alcaldesa destacou a continua evolución da feira, que incrementa cada ano o seu número de visitantes, expositores, países representados e superficie de exposición. Todo isto, unido a unha gran ocupación da oferta hotelera da cidade, fan de Conxemar unha cita de gran valor para a cidade de Vigo.