Escoitar

A comisión técnica interdepartamental do Arquivo Pacheco acorda as medidas iniciais para por en marcha o arquivo

Unha comisión formada por técnicos de cultura, patrimonio histórico, informática, o museo "Quiñones León" e a Casa da Cultura, valorou os puntos de partida para iniciar o funcionamento do servicio.

luns, 4 out 2004
A comisión técnica interdepartamental na que se reuniron técnicos dos departamentos de cultura (Ignacio Oliveira), patrimonio histórico (Rafael Ojea), informática (Pilar López e Javier Albertos), museo "Quiñones de León" (José Ballesta), e da Casa Galega da Cultura (María Ángeles Vidal), reunidos o pasado venres 24 de setembro, acordaron as seguintes medidas iniciais para a rápida posta en funcionamento do arquivo:

- A elaboración dun documento base de traballo a elaborar nos primeiros tres meses e que servirá de guía de traballo para os vindeiros anos.
- A realización dalgunha actividade de difusión antes da fin de 2004.
- Deseñar e por en marcha algunha actividade expositiva no prazo máis breve posible.
- A valoración inicial dos tempos para o desenvolvemento do arquivo e a súa operatividade, e cuestións relacionadas coa conservación, catalogación e clasificación do material.

Por outra banda, e dentro do área de cultura, a Xunta de Goberno aprobou iniciar un expediente para o desenrolo dunhas Xornadas de Filosofía sobre o tema "Filosofía e Relixión: encontros no Camiño de Santiago".

A organización de ditas xornadas estaría encomendado ao grupo Aletheia, que contarían cunha cantidade de 6.000 euros con cargo ao presuposto do programa de cultura.