Escoitar

Recepción nas dependencias do concello dos representantes dos clubes participantes no trofeo Cidade de Vigo de hockey sobre patíns

A concelleira Lucía Molares recibiu e agasallou en nome do Concello aos representantes dos catro clubes que disputarán o torneo: Oporto, Liceo, Barcelona e Vigo Stick.

venres, 1 out 2004
1096635809hockey.jpeg
Representantes dos catro clubes que participarán hoxe e mañán na XXI edición do trofeo Cidade de Vigo de hockey en patíns, foron recibidos pola concelleira de deportes, Lucía Molares, nun acto de acercamento e concordia entre as entidades deportivas e o Concello.

Os directivos e membros dos clubes F.C. Barcelona, H.C. Liceo, Oporto e o local Atlántico Vigo Stick, foron recibidos e agasallados pola concelleira, que lles deseou o mellor neste evento deportivo.
Descargar todas as imaxes