martes, 28 setembro 2004

MARCO trae en outubro "O estado das cousas", unha exposición itinerante sobre o tratamento do "obxeto" nas distintas correntes artísticas

martes, 28 set 2004

Coas mostras de artistas tan prestixiosos coma Marcel Duchamp, Andy Warhol ou Richard Hamilton, MARCO acerca aos vigueses unha exposición procedente dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC), que consta de 117 obras entre esculturas, pinturas, instalacións e material audiovisual. "O estado das cousas. O obxeto na arte de 1960 aos nosos días" estará en Vigo ata o 9 de xaneiro.