Escoitar

O Pleno do Concello aproba un incremento do 2,7% para tódalas taxas municipais conforme á subida do IPC

A sesión ordinaria do Pleno da Corporación aprobou a subida do 2,7% para as taxas municipais, incluida a recollida de lixo. Tódolos grupos municipais votaron a favor excepto o BNG que se abstuvo. Quedan exentos desta subida as taxas da construcción, as plusvalías, os servicios da terceira idade, centros de día, centros de educación e axuda no fogar.

luns, 27 set 2004
1096289219pleno27.jpg
Pleno da Corporación
O Pleno da Corporación do concello de Vigo reuniuse hoxe en sesión ordinaria para tratar, entroutros temas, a aprobación da subida das taxas municipais conforme ao incremento anual do IPC.

A resolución do Pleno foi a de aplicar un incremento do 2,7% para tódalas taxas municipais, incluida a taxa de recollida de lixo, sobre a que se mantenía unha discusión aparte por pretender, o grupo de Goberno, conxelar a súa subida.

O incremento do 2,7% conforme á subida do IPC dende abril do 2003 foi aprobado por tódolos grupos municipais a excepción do BNG, que optou pola abstención.

O Pleno resolveu o conxelamento dalgunhas taxas como as do sector da construcción e as plusvalías. Asimesmo, quedan libres deste incremento as taxas correspondentes aos servicios para a terceira idade, centros de día, centros de educación e axuda no fogar.

Os ingresos derivados das taxas municipais serían duns 102 millóns de euros, que suporían o 55% do total dos ingresos municipais.
Descargar todas as imaxes