A moción do BNG de municipalizar o control da ORA é rexeitada polo Pleno, aínda que os grupos recoñecen a necesidade dunha revisión do servizo
A moción presentada polo BNG, que incidía no incumprimento dos obxetivos da ORA ao non asegurar a rotación do aparcamento no centro urbán, foi rexeitada polo resto dos grupos municipais. O Pleno da Corporación, aínda recoñecendo en ocasións o defectuoso funcionamento do servizo, apostou pola súa necesidade e acordou unha revisión e mellora das súas condicións de funcionamento.
A moción presentada polo concelleiro do BNG, Xabier Toba Girón, que incidía no incumprimento dos obxetivos da ORA ao non asegurar a rotación do aparcamento no centro urbán, e non presentar máis servicio que o de acadar cartos por parte da empresa concesionaria, foi rexeitado polo resto dos grupos municipais.
O concelleiro do Bloque pediu a municipalización da ORA para que sexa competencia do concello unha nova reestructuración do servicio, elixindo según as necesidades das rúas os tempos de rotación ou o libre aparcadoiro. Toba Girón destacou a situación dos residentes, que pagan bonos por unhas prazas que non teñen fixas, o que se converte nun "choio" para a empresa concesionaria.
A argumentación esgrimida polo Goberno partiu da necesidade deste servicio "universal" e activo en tódalas grandes cidades europeas, como comenzo dun plan máis extenso de ordenación do tráfico no centro urbán, que incluiría aparcadoiros soterrados, a ceo aberto, e o fomento do transporte público, tratando de responder desta maneira a cada un dos perfiles dos diferentes usuarios. Así, para o cidadán que accedese ao centro da cidade para unha transacción rápida, facilitaríase o aparcamento na estrada respondendo ás rotacións, e para o traballador no centro que precisa de máis tempo, as prazas soterradas.
Este argumento foi comprendido e apoiado polo resto dos grupos municipais, aínda que todos coincidiron na necesidade de revisar o prego de condicións da empresa concesionaria do servicio, e de exixirlle o seu cumprimento, a mellora da infraestructura e o seu mantemento.