Escoitar

O film "Das testament des Dr. Mabuse" pecha a programación do Cine Club Lumiere

A programación do Cine Club Lumiere chega xa ao seu fin tras un ciclo que deu cabida a tres produccións recoñecidas a nivel internacional.A proxección da cinta de Fritz Lang, que terá lugar o luns 27 de setembro no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, será a encargada de colgar o cartel de "The End".

luns, 27 set 2004
1095149831testmab2.jpg
Sinopse
Prolongación forzada do seu "Doutor Mabuse", o xogador e que se converteu nun modelo do que entón chamaron estilo expresionista. Neste Mabuse, poboador do lado abismal do crime, introdúcese no que máis tarde se chamaría cine negro. O personaxe deste doutor é retomado xusto no punto no que a deixara na realización de 1922: encerrado de por vida nun manicomio, proxectando a loucura da personaxe sobre unha visión impregnada de impulso realista, de posta en imaxe da vida e a morte na emerxente Alemaña nazi, unha sociedade configurada polo pensamento dun asasino demente. Segundo as palabras do director nunha entrevista en Nova York en 1943: "o filme quería amosar, como unha parábola, os métodos terroristas de Hitler, de xeito que a propaganda e as doutrinas da alemaña nazi foron postas na boca de criminais comúns.

Fritz Lang
Nado en Viena no ano 1980. Comezou a carreira de arquitectura por presión paterna, aínda que pronto se sentiu atraído pola pintura. En 1909, descubriu o cine na cidade de Bruxas. Durante a Primeira Guerra Mundial resultou ferido. No hospital vienés no que foi ingresado, escribiu os seus primeiros guións para o director Joe May. Axiña, e arroupado por Erich Pommer deu os seus primeiros pasos como director. A súa primeira obra foi "As arañas". O notable éxito internacional obtido con "As tres luces" (1922), facilitou a súa independencia. O seu cine impresionou aos nazis de tal xeito que en 1933, Goebbels citouno e propóxolle colaborar co nazismo responsabilizándoo da Dirección do Cine Alemán. Esa noite fuxiu a París. De Francia trasladaríase logo aos Estados Unidos. En Hollywood contratouno a MGM. En 1936 realiza "Furia", o éxito deste filme permitiu que ytraballase para diferentes estudos. Seguindo as normas estadounidenses non puido confirmar un guión, só en contadas ocasións coproduciu un filme e nunca puidoi realizar a montaxe final dos seus traballos. Na práctica, traballaba sempre nos guións. En 1956 regresou a Europa, "Os crimes do doutor Mabuse" (1960), é o seu último traballo. Morreu nos Anxos en 1976.

Na súa filmografía destacamos: en Alemaña: "Os nibelungos" (1924); "Metrópole" (1926); "Os espías" (1928; "A muller na lúa" (1929); "M, o vampiro de Düsserdorf" (1931). En Francia: "Lilion" (1934). Nos Estados Unidos: "Só se vive unha vez" (1937), "O home atrapado" (1934), "A muller do cadro" (1944), "Perversidade" (1945), "O secreto tras a porta" (1948), "Os subornados" (1954), "Desexos humanos" (1954), "Mentres Nova York dorme" (1956) e "Máis aló da dúbida" (1956).
Descargar todas as imaxes