venres, 1 outubro 2004

Hoxe tivo lugar a presentación da III Marcha en bicicleta "Coñece Vigo a golpe de pedal", que conta coa colaboración da ONCE e AMFIV

venres, 1 out 2004

Coa novidade este ano da involucración das fundacións ONCE e AMFIV, hoxe presentouse a III Marcha en bicicleta "Coñece Vigo a golpe de pedal", que terá lugar o 10 de outubro con saída na praza do Rei. O obxetivo é o de aunar o deporte co aire libre e a concienciación da necesidade dunha cidade con espacio para os ciclistas e demáis vehículos sen motor.