O Concello asina un convenio coa Universidade de Santiago para realizar un estudio epidemiolóxico en Vigo
O estudio sobre drogodependencias e outras adiccións nos xoves, verase reforzado cun programa de prevención do consumo de drogas de síntese e outros fenómenos urbanos, para os que o Goberno Municipal destinará un total de 61.000 euros. Asimesmo, concederá subvencións a tres asociacións de interese social por un importe de 3.200 euros.
Na área de Benestar Social, a Xunta de Goberno Local, deu o visto bo ao convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun estudio epidemiolóxico sobre drogodependencias e outras adiccións nos xoves de 14 a 21 anos de Vigo. Un proxecto incluído dentro dos obxectivos do Plan Local sobre Drogodependencias e que levará a cabo o profesor Elisardo Becoña. Así, o Concello destinará un total de 24.000 euros á Universidade co fin de dar saída ao estudio.
Outro dos proxectos contemprados pola Corporación Municipal neste ámbito é o do programa de prevención do consumo de drogas de síntese e outros fenómenos urbanos, no que o Goberno Local traballará man a man coa Asociación Alborada baixo un presuposto que ascende aos 37.000 euros.
Este programa, denominado "Creative", ademáis de accións no ámbito educativo, desenvolverá outras na rúa cos xoves, resaltando o carácter "non invasivo" das mesmas.
Ambos convenios son froito da preocupación local pola prevención, atención e reinserción deste colectivo, artellando programas conxuntos e participando dende a administración e as distintas entidades de proxectos comúns que fagan realidade a filosofía do Plan Local de Drogodependencias.
Por outra banda, a Asociación Galega de Hemofilia, Amencer e Hospitalidad nuestra señora de Lourdes, serán outras das beneficiarias no ámbito das subvencións, tras acordar a Xunta Local a concesión dun total de 3.200 euros en concepto de mantenimento e desenrrolo de actividades, respectivamente.