Escoitar

O xoves 30 celébrase o certame de arte, recital e concerto dentro da campaña "Eu non son cómplice" contra a violencia de xénero

O certame de arte e recital-concerto tendrá lugar o próximo xoves día 30 de setembro, dentro da campaña "Eu non son cómplice", correspondente ao plan de acción municipal contra a violencia de xénero. Na organización deste acto colaboran as asociacións de comerciantes Vigo Vello e Zona Centro.

martes, 28 set 2004
1096375191complice.jpg
Hoxe tivo lugar na sala de prensa do concello a presentación do certame de arte e recital-concerto correspondentes á campaña municipal "Eu non son cómplice". Dito plan de acción ten como obxeto a concienciación da sociedade e a súa involucración na loita contra a violencia de xénero cunha máxima ben directa: "a pasividade fai cómplices".

O certamen, que terá lugar o próximo xoves día 30, estará organizado pola concellería da muller en colaboración coas asociacións de comerciantes Vigo Vello e Zona Centro. O programa será o seguinte:

De 19 a 20 horas realizarase un certamen de arte na praza do Progreso a cargo dos alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, que expondrán as súas obras co tema da violencia doméstica. Neste acto poderán participar cinco nenos da zona, axudando aos artistas a terminar as súas pinturas.

Ás 20,30 horas terá lugar na praza da Constitución unha concentración da Rede de Mulleres Vecinais contra os malos tratos.

Ás 21 horas procederase á lectura, también na praza da Constitución, dun manifesto contra a violencia de xénero. Acto seguido, diversos xornalistas locais recitarán unha serie de poemas. Os actos terminarán cun concerto na praza da Constitución do grupo musical "Crema de gaita".
Descargar todas as imaxes