O Are More chega aos cen concertos na súa quinta edición
O festival, que comeza o 16 de outubro, atopa o seu sinal de identidade nos grandes recitais líricos. Nesta ocasión, cantantes como Ute Lemper, o guitarrista David Russell ou a soprano María Bayo, porán a nota de calidade
A quinta edición do Festival Are More pasará á historia non só pola súa consolidación entre os mellores encontros musicais, senón tamén polo feito de cumprir máis de cen concertos. A este dato cuantitativo, importante por sí mesmo, engádese que esta traxectoria "centenaria" está marcada por unha constante: a aposta decidida pola calidade, representada por grandes figuras de sona mundial.
Polos escenarios do ARE MORE pasaron xa artistas tan prestixiosos como a mezzosoprano Jennifer Larmore; o guitarrista David Russell; Mala punica; a soprano Barbara Bonney; The Academy of Ancient Music; Ute Lemper; a soprano Mirella Freni; Ensemble Elyma, baixo a dirección de Gabriel Garrido, coa representación das óperas en concerto L’Orfeo de Claudio Monteverdi e La Virtú degli Strali d’Amore, de Cavalli, esta última estreada na cidade de Vigo; The Swingle Singers; a mezzosoprano Teresa Berganza; a soprano Kiri Te Kanawa; o pianista Jean Yves Thibaudet; a pianista Katia Labeque; Le Concert d’Astrée, baixo a dirección de Emmanuelle Haïm; o barítono Mathias Göerne; ou o clavecinista Pierre Hantaï. A súa programación acolle tamén estreas mundiais como A Balada do cárcere de Reading, de Oscar Wilde, nesta quinta edición.
Os intérpretes ou as obras mencionados son só un exemplo, un breve resume, dunha longa lista de concertos que sitúan xa á cidade de Vigo nos primeiros lugares da programación cultural.
Un repaso polos cinco anos de historia do ARE MORE permite extraer conclusións tan significativas como a habitual identificación dos grandes artistas co festival. O éxito absoluto de público conseguido nas súas primeiras actuacións explica que determinados intérpretes teñan decidido volver a Vigo, converténdose así na publicidade máis eficaz desta iniciativa cultural.
Atópanse nesta situación cantantes espectaculares como Ute Lemper, que este ano regresa á cidade; David Russell, un guitarrista de sona mundial afincado en Vigo; e a soprano María Bayo.
A súa satisfacción polo desenvolvemento do festival vigués explica, sen dúbida, que cada vez sexan máis os artistas de primeira liña que deciden participar no ARE MORE. Jennifer Larmore, que estivo na primeira edición, fala marabillas en todo o mundo, mesmo no Metropolitan de Nova Iorque; Kiri Te Kanawa só aceptou dous concertos en España, un deles ofrecido en Vigo; María Bayo, quen selecciona moito a súa presencia nos escenarios, ofrece grandes recitais nesta cidade.
Entre a morea de figuras recoñecidas que elevan cada ano a categoría do festival atópanse artistas españois e mesmo galegos; a súa presencia non se debe a un afán localista, senón que resposta ó recoñecemento da súa traxectoria rigorosa nos mellores escenarios do mundo. Cómpre salientar neste sentido as figuras de Teresa Novoa, Nicasio Gradaille e a dun dos integrantes de L’Asamblée des Honestes Curieux, Baldomero Barciela; xunto a eles, a Orquestra de Cámara Sinfónica de Galicia.
Para todos los públicos
O director do ARE MORE, Roberto Relova, considera que o éxito e a rápida consolidación do festival son consecuencia dunha preocupación constante dos promotores: que o programa dé resposta ás inquedanzas de tódolos públicos, que lles ofreza o que desexan. "Unha programación de calidade –explica– fai o resto".
Deste xeito, o público asistente ós concertos medra en cada nova edición e en moitos casos a demanda de localidades excede o aforo dos distintos auditorios nos que se celebran as actuacións. En liñas xerais, pódese decir que a ocupación media oscila en tódolos casos entre o 80 e o 100%.
Unha identidade propia
Malia súa relativa xuventude –só cinco anos fronte á traxectoria de décadas doutras iniciativas culturais–, o ARE MORE ten conseguido xa unha identidade propia, na que destacan a organización de grandes recitais líricos e a aposta pola música antiga, que, malia non parecer moi asequible, colleita éxitos rotundos en Vigo.
En liña co sucedido ata o de agora, o festival proxéctase cara ó futuro mantendo as apostas subliñadas e incidindo máis aínda en certos espectáculos "fronteirizos" –unha mestura, por exemplo, de teatro e música–, así como nas actuacións dirixidas ó público infantil. Para garantir o éxito, Roberto Relova non cre necesario limitarse ás propostas máis clásicas, senón que "cómpre buscar o risco, a novidade, sempre e cando vaia acompañada da máxima calidade".
O valor que se lle da ás distintas manifestacións musicais, en especial ás que constitúen o sinal de identidade do festival, refléctese nos ciclos que integran a edición de 2004: o ciclo "Grandes do mundo", o de "Música de Cámara", o de "Música antiga" e o de "Música e escena".
Un ciclo para nenos
A análise do ocorrido nestes cinco anos indica que os máis cativos configuran un dos grupos de público máis importantes do ARE MORE. Neste sentido, abonda constatar que os espectáculos dirixidos a nenos son unha constante na programación e a súa presencia segue a incrementarse.
A edición do ano 2000 incluiu concertos didácticos ós que asistiron case 900 alumnos e a de 2001 programou tres concertos de formación de públicos no centro da cidade, en Coia e nas Travesas. Nun intento de ir máis aló, o ARE MORE de 2002 ofreceu o seu primeiro espectáculo operístico para nenos, con dúas funcións escolares e unha familiar, iniciativa que tivo continuidade na edición de 2003. Xa nesta quinta edición, represéntase a ópera para nenos O Superbarbeiro de Sevilla, baseada na obra de G. Rossini e baixo a dirección de escena de Tricicle, en dúas funcións escolares e unha de carácter familiar.
O director do festival subliña a ilusión coa que os nenos acuden á ópera, unha experiencia increíble que contribúe moito á súa formación musical e pode ser o primeiro paso da súa afición posterior á música. A importancia de formar públicos cara ó futuro explica que Roberto Relova propoña, se cadra para futuras edicións, a posibilidade de organizar un ciclo específico para nenos dentro do ARE MORE: dous ou tres días nos que os cativos poderían achegarse ó mundo apaixonante da ópera –que basea a súa riqueza artísticaa na combinación de elementos de escenografía, arquitectura, a palabra, a música, o teatro…– ou asistiren a concertos didácticos.
Máis presuposto e patrocinios
Como tódolos grandes proxectos culturais, o ARE MORE non podería terse consolidado só co apoio permanente dun público sempre entusiasta. O éxito dos distintos concertos programados ten ido acompañado polo apoio firme das institucións e as empresas patrocinadoras do festival: o Concello de Vigo, que cada ano aumenta o seu apoio á iniciativa; a Fundación Caixa Galicia, peza básica na súa expansión; a Xunta de Galicia; e tódalas firmas comerciais que cada ano financian unha parte da programación.
A colaboración de todos eles explica que cada nova edición se poidan contratar arredor de vinte concertos, escollidos sempre entre as mellores propostas musicais do mundo; tamén, que o seu presuposto en constante crecemento sirva para consolidar o ARE MORE como o festival da calidade.
Descargar todas as imaxes